Saltar ao contido

ARD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ARD


Nome curtoARD Editar o valor en Wikidata
Tipodifusora Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaAnstalt des öffentlichen Rechts (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aBayerischer Rundfunk (en) Traducir, Hessischer Rundfunk, Radio Bremen (pt) Traducir, Süddeutscher Rundfunk (en) Traducir, Südwestfunk, Nordwestdeutscher Rundfunk (en) Traducir, Sender Freies Berlin (pt) Traducir, Norddeutscher Rundfunk (pt) Traducir, Westdeutscher Rundfunk (pt) Traducir, Saarländischer Rundfunk (en) Traducir, Mitteldeutscher Rundfunk, Ostdeutscher Rundfunk Brandenburg (pt) Traducir, Südwestrundfunk (en) Traducir e Rundfunk Berlin-Brandenburg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriamedio de comunicación de masas Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación5 de xuño de 1950 Editar o valor en Wikidata
Premios
Localización
PaísAlemaña Editar o valor en Wikidata
SedeStuttgart Editar o valor en Wikidata
Lugar de formaciónBerlín Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBard.de Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: ardde Instagram: ard Youtube: UCqmQ1b96-PNH4coqgHTuTlA Twitch: ard BNE: XX4995506 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

ARD, siglas de Arbeitsgemeinschaft der öffentlich-rechtlichen Rundfunkanstalten der Bundesrepublik Deutschland (en galego: "Consorcio de institucións públicas de radiodifusión da República Federal de Alemaña"), é unha organización conxunta de empresas de radiodifusión públicas rexionais de Alemaña. Fundada na Alemaña Occidental en 1950 para representar os intereses comúns dos novos e descentralizados servizos de radiodifusión da posguerra, e en particular, para a introdución dunha rede de televisión conxunta. A ARD é un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión.

As diferentes institucións que forman a ARD son: BR, HR, NDR, Radio Bremen, RBB, SR, SWR e WDR, así coma a cadea internacional Deutsche Welle. ARD opera 54 estacións de redes rexionais e locais, dúas cadeas de radio nacionais, e sete redes de televisión rexionais, algunhas das cales emiten programación diferenciada durante certas horas do día.

Servizos da ARD

[editar | editar a fonte]

As estacións membros da ARD regulan a súa propia programación de radio. Algunhas colaboran para os servizos comúns de radio. A maioría das estacións da ARD teñen polo menos unha cadea de noticias, unha de música clásica, unha para a mocidade e un cultural. Durante a noite algunhas descansan na programación nocturna común, producida por un sistema de rotación entre as mesmas estacións. Hai tres servizos nocturnos comúns: Nachtexpress/Radiowecker (música lixeira), Nachtkonzert (música clásica) e Popnacht (música pop). Moitos dos servizos están na FM, aínda que outros tamén están dispoñibles vía dixital.

A rede que ten unha cobertura nacional é a DeutschlandRadio. Porén, DeutschlandRadio non é un membro exclusivo da ARD, senón que é controlada pola ARD e a ZDF. DeutschlandRadio ofrece dous servizos de radio: DeutschlandFunk (DLF), un servizo de novas, e DeutschlandRadio Kultur, un servizo de música. A radio internacional Deutsche Welle transmite en onda curta, aínda que a súa transmisión pode ser recibida vía satélite e Internet.

Televisión

[editar | editar a fonte]

As principais cadeas de televisión da ARD son Das Erste, que é nacional, e sete cadeas rexionais operadas por diferentes axencias radiodifusoras locais. Estas cadeas estaban dispoñibles nos transmisores análogos terrestres ata que os transmisores análogos comezáronse a apagar no ano 2003. Das Erste e as terceiras cadeas, como as estacións de radio, fináncianse na súa maior parte a través de impostos específicos.

Das Erste transmite a nivel nacional as 24 horas do día, excepto por "Morgenmagazine" (un programa matutino que tamén se emite simultaneamente en ZDF de 05:30 a 9:00) e por 2 horas e media de programación rexional provista polas estacións membros na tarde.

Os respectivos membros rexionais operan unha cadea rexional propia, "die Dritten", os "Terceiros Canles". Estes son:

As cadeas rexionais tamén teñen a opción de desencadenarse durante certas horas. As emisoras pequenas, como Radio Bremen e Saarländischer Rundfunk non teñen unha terceira cadea de televisión, senón que colaboran con NDR e SWR, respectivamente.

ARD tamén está envolta en diversas cadeas de investimento conxunto:

  • 3sat, unha cadea cultural con ZDF, ORF e SRG
  • KI.KA, unha estación infantil con ZDF
  • Arte, unha cadea cultural franco-alemán
  • Phoenix con ZDF

A emisora internacional Deutsche Welle tamén produce servizos de televisión; porén só están dispoñibles mediante satélite.

ARD engadiu tres cadeas adicionais como parte do seu paquete ARD Dixital:: EinsPlus, EinsExtra e EinsFestival.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]