Saltar ao contido

Cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de 2024

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de 2024
Tipocerimonia de inauguración Editar o valor em Wikidata
OrganizadorComité Olímpico Internacional Editar o valor em Wikidata
Parte deXogos Olímpicos de 2024 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónRío Sena (Normandía)
París (Metrópole do Gran París) Editar o valor em Wikidata
PaísFrancia Editar o valor em Wikidata
Data26 de xullo de 2024 Editar o valor em Wikidata

2020 Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata

A cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de 2024 está prevista para o 26 de xullo de 2024 en París, a partir das 19:30 hora local (17:30 UTC). Segundo o disposto na Carta Olímpica, as actuacións incluirán un programa artístico que mostrará a cultura do país e a cidade anfitrións, o desfile de atletas e o acendido do pebeteiro olímpico. Os Xogos serán inaugurados formalmente polo presidente de Francia, Emmanuel Macron.

Como novidade desta edición para uns Xogos Olímpicos de Verán, a cerimonia terá lugar por primeira vez fora dun estadio.[1] Comezará na ponte de Austerlitz e percorrerá o río Sena de leste a oeste ata chegar ao Xardín do Trocadero, onde finalizará.

Preparativos

[editar | editar a fonte]

Agardábase que a planificación rematase a finais do 2023. Antes do evento principal realizaríanse algúns ensaios sen público en lugares variados e outros no sitio do evento, considerados como "aperitivos" por Thierry Reboul, Director Executivo de marca, creatividade e participación dos Xogos. A primeira toma de cámara realizouse en setembro de 2023 e agárdase que 130 cámaras proporcionen a cobertura do evento.[2] O evento retransmitirase en 80 pantallas xigantes ao longo da ruta do Sena.[3] Organizada polo actor e director de teatro Thomas Jolly, será a primeira cerimonia de inauguración que se celebrará fóra dun estadio olímpico.[3][4] A visión coreográfica foi creada por Maud Le Pladec.[5]

Orixinalmente agardábase que os asistentes foran máis de 500.000[2] (sen pagar) e 100.000 espectadores adicionais pagando nos peiraos inferiores do río,[6] sumando un total de 600.000.[7] As cifras supoñen unha taxa de ocupación de 3 persoas por metro cadrado.[6] Porén, tras unha suxestión en maio de 2023 de Amélie Oudéa-Castéra, ministra francesa de Deportes e Xogos Olímpicos e Paralímpicos, de que se limitase a entre 300.000 e 400.000 de balde, e tras preocupacións adicionais de seguridade e transporte, a cifra reduciuse a un máximo de 300.000 a finais de novembro de 2023.[6] A finais de decembro de 2023 propúxose unha nova redución, xa que os servizos de seguridade preferirían a cerimonia nun estadio para facilitar a implementación das medidas de seguridade.[8] As bancadas extenderanse dende a Biblioteca François-Mitterrand ata a Torre Eiffel.[6]

O público alinearase ás beiras do Sena, tomando asento ao longo dos 6 quilómetros nos peiraos superior e inferior, así como dos ríos que se atopan a cada lado.[2] [3] O equipo organizador contará en total con entre 6.000 e 8.000 persoas, incluída a seguridade nos días previos á cerimonia. A cerimonia en si contará con 2.000 bailaríns.[2] Todo o persoal involucrado en auga, aire e terra ascenderá a 45.000, cunha media de 3.750 persoas por km2.[8] Esta cifra non inclúe os aproximadamente 2.000 axentes necesarios para monitorizar as tendas de campaña situadas na entrada dos posuidores de boletos pagados e as forzas da orde localizadas nos peiraos elevados durante todo o percorrido.[8] O elenco e os deportistas percorrerán o río dende a Ponte de Austerlitz ata a Ponte de Jena, fronte á Torre Eiffel e os Xardíns do Trocadero, onde terá lugar o evento principal.[7]

En maio de 2023, as entradas para o evento saíron á venda mediante sorteo por primeira vez, con prezos que oscilaban entre 90 euros e 2700 euros,[9] sendo estas últimas as máis caras que saíran nunca á venda para uns Xogos.[10]

En 2023, fixéronse plans para retirar os postos de libros xunto ao río durante a cerimonia de apertura e, como práctica, en novembro de 2023, desmanteláronse varios postos de libros.[11][12] Porén, en febreiro de 2024, o presidente Macron descartou o plan de retirar os pequenos quiosques dos libreiros.[13]

Emmanuel Macron será o encargado de inaugurar oficialmente os xogos de París 2024

En outubro de 2023, tralas preocupacións de seguridade causadas pola invasión rusa de Ucraína, a guerra entre Israel e Hamás de 2023 e o apuñalamento da escola de Arras, tanto o goberno francés coma o Comité Organizador de París para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de 2024 (COJOP2024) declararon que non había plans oficiais para cambiar o sitio da inauguración, indicando que "o Plan A ten en conta todas as ameazas". Oudéa-Castréa afirmou a BFM TV que estaban poñendo atención ao contexto e que o goberno estivera traballando en "axustar variables", desexando manter o formato orixinal.[6] En decembro de 2023, o presidente Macron afirmou que había múltiples escenarios para a cerimonia, en caso de que un evento maior de seguridade obrigase a abandonar o Sena. Ante isto, COJOP2024 afirmou que tiñan "plans de continxencia para todos os escenarios de risco identificados: vagas de calor, ciberataques, e a cerimonia non é unha excepción".[7]

Inicialmente agárdase que as máis de 200 delegacións se repartan entre 160 barcos e barcazas,[14] dos cales ao dedor de 50 participaron nun ensaio reducido realizado en xullo de 2023, transportando delegacións de atletas, equipos de televisión e servizos de emerxencia.[4] En abril de 2013, 116 naves de 42 compañías comprometéranse a participar, co 98% de todos os barcos provenientes da propia París e o resto de compañías rexionais de navegación, coma o patrocinador local Highfield Boats.[15]

En febreiro de 2024 anunciouse que o número de espectadores que asistirían á cerimonia inaugural se reduciría dos 600.000 espectadores propostos a uns 300.000. Haberá 100.000 entradas pagadas para a cerimonia e aorededor de 200.000 entradas de balde.[16][17] O mes seguinte declarouse unha cantidade exacta de 326.000 billetes, dos cales 104.000 billetes eran pagados para o banco inferior e 222.000 billetes eran de balde para o banco superior.[18] As entradas de balde distribúense en tres roldas e están destinadas a familias con baixos ingresos que viven en zonas desfavorecidas, movementos deportivos, mozos, persoas que axudan a organizar os Xogos Olímpicos, incluídos comerciantes e traballadores da cidade.[19] Como se propuxo orixinalmente, non se entregarán entradas de balde aos turistas.[20]

O ensaio da cerimonia previsto para o 24 de xuño de 2024, foi posposto debido a un forte caudal do río Sena.[21][22]

Equipo clave da cerimonia

[editar | editar a fonte]
Thomas Jolly, director artístico da cerimonia de inauguración dos Xogos.

Cerimonia e relevo do facho

[editar | editar a fonte]

O Desfile das Nacións, durante o cal os 10.500 atletas participantes desfilarán categorizados por delegación,[3] terá lugar no Sena, mentres que outros actos cerimoniais se celebrarán nos Xardíns do Trocadéro.[25][26] Gérald Darmanin, ministro do Interior, estimou que se necesitarán 25.000 axentes de seguridade e que se despregarán ao redor de 35.000 policías para a cerimonia de apertura.[9] [25]

Mapa
Plan da cerimonia de apertura dos Xogos polo río Sena.

O relevo do facho olímpico de 80 días para a chama olímpica está organizado polo presidente de COJOP2024, Tony Estanguet. O facho debía saír de Grecia en barco cara a Marsella, pasar polo Mont-Saint-Michel, o Palacio de Versalles e o Caribe francés, antes de chegar finalmente á cerimonia de acendido da pebeteiro olímpico.[4] Acendeuse en Olimpia, Grecia o 16 de abril de 2024,[27] viaxando por Grecia durante os seguintes 10 días antes de ser entregado a COJOP2024 o 26 de abril no Estadio Panatenaico de Atenas. Saíu do Pireo a bordo do veleiro Belem e chegou a Marsella o 8 de maio de 2024 escoltado por 1.000 barcos.[28][29]

  1. "Ceremonia de apertura". olympics.com. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Lloyd, Owen (2023-09-20). "Paris 2024 Opening Ceremony preparations to be finalised by end of year". Inside the Games. Arquivado dende o orixinal o 2023-09-21. Consultado o 2023-12-21. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Delorme, Anne-Claire (2023-07-10). "Paris 2024 opening ceremony: why you (really) shouldn't miss it?". Explore France. Arquivado dende o orixinal o 2023-09-29. Consultado o 2023-12-21. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Seine-sational? Paris rehearses waterborne opening ceremony for 2024 Olympics". France24. Agence France-Presse. 2023-07-17. Arquivado dende o orixinal o 2023-07-17. Consultado o 2023-12-21. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Maud Le Pladec, named as Director of Dance for the four ceremonies of the Games of Paris 2024 and choreographer of the Olympic Games Opening Ceremony". Paris 2024. 2024-06-18. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Lepeltier, Nicolas (2023-11-02). "Paris 2024 opening ceremony: Authorities consider admitting around 300,000 spectators for free". Le Monde. Arquivado dende o orixinal o 2023-11-02. Consultado o 2023-12-21. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Pretot, Julien (2023-12-21). "Paris 2024 has contingency plans for opening ceremony". Reuters. Reuters. Arquivado dende o orixinal o 2023-12-21. Consultado o 2023-12-21. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Daffunchio Picazo, Raúl (2023-12-28). "Paris 2024: From a big opening for all to a small one for some". Inside the Games. Arquivado dende o orixinal o 2023-12-29. Consultado o 2023-12-31. 
  9. 9,0 9,1 Burke, Patrick (2023-04-23). "Paris 2024 reveals flotilla of boats signed up for historic Opening Ceremony along Seine". Inside the Games. Arquivado dende o orixinal o 2023-04-25. Consultado o 2023-12-31. 
  10. Muñana, Gustavo (2023-11-23). "Olympics-Paris 2024 to sell 400,000 tickets next week, 7.2 million already sold". Inside the Games. Arquivado dende o orixinal o 2023-11-25. Consultado o 2023-12-31. 
  11. Paris quayside booksellers dig in for Olympics battle
  12. "Los libreros del Sena ven peligrar sus puestos por Los Jugos Olímpicos de París". RTVE (Telediario 1). 7 de agosto de 2023. Consultado o 30 de xuño de 2014. 
  13. OLYMPICS Macron shelves plan to remove riverside Paris booksellers for opening ceremony
  14. "France prepared to change plans on 2024 Olympics opening based on security". Reuters. Reuters. 2023-12-20. Arquivado dende o orixinal o 2023-12-21. Consultado o 2023-12-21. 
  15. Burke, Patrick (2023-04-23). "Paris 2024 reveals flotilla of boats signed up for historic Opening Ceremony along Seine". Inside the Games. Arquivado dende o orixinal o 2023-04-25. Consultado o 2023-12-31. 
  16. Fewer fans allowed at Paris opening ceremony
  17. France downsizes Paris 2024 opening ceremony crowd to around 300,000 spectators
  18. 326,000 tickets for Paris Olympics opening ceremony, minister says
  19. Paris begins sharing out free tickets for Olympics' opening ceremony
  20. Paris won’t allow tourists free access to Olympics opening ceremony along the Seine River
  21. Paris Olympics opening ceremony rehearsal postponed due to strong Seine flow
  22. B. F. (17 de xuño de 2024). "Ensayo general de la inauguración de los Juegos en el Sena con 50 barcos". Marca. Consultado o 30 de xuño de 2024. 
  23. Leibovitz, Gaby Wood,Annie (2024-05-30). "Thomas Jolly is Masterminding the Most Complex (and Wettest) Olympics Opening Ceremony of All Time". Vogue. 
  24. 24,0 24,1 [1]
  25. 25,0 25,1 "France unveils security plan for Olympics opening ceremony in central Paris". France 24 (en inglés). 2023-05-24. Consultado o 2023-06-25. 
  26. Newcomb, Tim (2023-06-20). "Paris 2024 Floats New Approach For Opening Ceremony Stadium". Forbes (en inglés). Consultado o 2023-06-25. 
  27. Paphitis, Nicholas (2024-04-16). "Despite weather glitch, the Paris Olympics flame is lit at the Greek cradle of ancient games". AP News (en inglés). Consultado o 2024-04-16. 
  28. "News Access Rules Applicable to the Olympic Torch Relay of the Games of the XXXIII Olympiad Paris 2024" (PDF). International Olympic Committee (PDF). 2023-11-26. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2023-12-22. Consultado o 2023-12-21. 
  29. "Olympic flame reaches France for 2024 Paris Olympics aboard a 19th century sailing ship" (en inglés). CBS News.com. 2024-05-08. Consultado o 2024-05-08.