Stade Vélodrome
| Stade Vélodrome | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 8th arrondissement of Marseille (en) | |||||||
Stade Vélodrome | |||||||
|
Instalacións
| |||||||
|
Deporte
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Mantido por
| |||||||
|
Operador/a
| |||||||
|
Ocupante
| |||||||
|
Propietario/a
| |||||||
|
Arquitecto/a
Henri Ploquin, Jean-Pierre Buffi (1998) | |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Fundación
| |||||||
|
Inauguración
| |||||||
|
Acontecementos
9 de setembro de 2023 - 15 de outubro de 2023 Copa do Mundo de Rugby 2023
8 de setembro de 2007 - 7 de outubro de 2007 Copa do Mundo de Rugby 2007 12 de xuño de 1998 - 7 de xullo de 1998 Mundial de Fútbol Francia 1998 5 de xuño de 1938 - 16 de xuño de 1938 Mundial de Fútbol Francia 1938 | |||||||
| Dimensión | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
|
Situado en
| |||||||
|
Rúa
| |||||||
|
Enderezo
| |||||||
|
País
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
|
Páxina WEB
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O Stade Vélodrome é un recinto deportivo da cidade de Marsella, inaugurado en 1937, con capacidade para acoller pouco máis de 67.000 seareiros, no que xoga os seus encontros como local o equipo de fútbol Olympique de Marsella da Ligue 1. O Stade Vélodrome ten a máxima consideración no sistema de clasificación da UEFA, pertencendo á categoría Élite ou 5 estrelas.
Eventos deportivos
[editar | editar a fonte]Mundial de Fútbol 1938
[editar | editar a fonte]No Mundial de Fútbol Francia 1938 xogáronse no Vélodrome un encontro de oitavos de final e unha das semifinais.
Eurocopa de Fútbol 1960
[editar | editar a fonte]A Eurocopa de Fútbol Francia 1960 disputou unha das súas semifinais no Stade Vélodrome.
Eurocopa de Fútbol 1984
[editar | editar a fonte]Na Eurocopa de Fútbol Francia 1984 acolleu un encontro do Grupo B no que se enfrontaron España e Portugal (co resultado de 1-1), e unha das semifinais na que Francia venceu a Portugal por 3-2.
Mundial de Fútbol 1998
[editar | editar a fonte]No Mundial de Fútbol Francia 1998 o estadio tivo unha grande importancia, acollendo un total de 7 encontros, catro da fase de grupos, un de oitavos de final, outro de cuartos de final e unha das semifinais.
Copa do Mundo de Rugby 2007
[editar | editar a fonte]Na Copa do Mundo de Rugby 2007 o Stade Vélodrome acolleu 4 encontros da fase de grupos e 2 encontros de cuartos de final.
Eurocopa de Fútbol 2016
[editar | editar a fonte]O Stade Vélodrome foi elixido para acoller varios encontros da futura Eurocopa de Fútbol Francia 2016, polo cal será aumentado de capacidade nuns 10.000 asentos e será provisto dun novo tellado que cubrirá tódalas bancadas.
