Breakdance nos Xogos Olímpicos de 2024
| Tipo | Breakdance nos Xogos Olímpicos |
|---|---|
| Parte de | Xogos Olímpicos de 2024 |
| Localización e Datas | |
| Localización | Parc urbain de la Concorde (en) |
| País | Francia |
| Intervalo de tempo | 9 de agosto de 2024 – 10 de agosto de 2024 |
| Data | 2024 |
| Competición | |
| Resultado | Philip Kim (1) 23 puntos. Danis Civil (2) 4 puntos. Victor Montalvo (3) 20 puntos. Dominika Banevič (2) 11 puntos. Liu Qingyi (3) 19 puntos. |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Os eventos de breakdance nos Xogos Olímpicos de 2024 están programados do 9 ao 10 de agosto de 2024 no parque urbano da Praza da Concordia de París, Francia[1]. Foi a primeira vez que unha disciplina de dancesport entrou no programa olímpico aínda que xa se presentara nos Xogos Olímpicos da Xuventude de 2018, en Bos Aires, Arxentina.
Eventos
[editar | editar a fonte]Hai dous eventos ou competicións planificadas individuais, unha masculina e outra feminina. Cada participante enfrontarase en cada torneo entre si, serán 16 varóns e 16 mulleres que loitarán en duelos en solitario cara a cara[2]. Para participar, os B-Boys e B-Girls deben ser nacidos antes do 31 de decembro de 2008.
Organización
[editar | editar a fonte]Criterios de cualificación
[editar | editar a fonte]Trinta e dous atletas cualifican para as competencias masculina e feminina, un máximo de dous por xénero e por país. Entre os eventos clasificatorios para os eventos olímpicos atópanse os Campionatos Mundiais de 2023, os Campionatos Continentais de 2022/2023 e as series de clasificación olímpica[3].
O país anfitrión, Francia, ten unha invitación por xénero se ningún dos seus representantes cualificou polos medios mencionados anteriormente.
A lista final pechouse o 8 de xullo de 2024.
| Modo de clasificación | Data | Localización | Asentos |
|---|---|---|---|
| País anfitrión | NC | 1 | |
| Campionato Mundial WDSF 2023 | 23-24 de setembro de 2023 | Lovaina, Bélxica | 1 |
| Campionatos africanos | Por definir | Por definir | 1 |
| Xogos Asiáticos 2022 | 23 de setembro-8 de outubro de 2022 | Hangzhou, China | 1 |
| Xogos Europeos 2023 | 21 de xuño-2 de xullo de 2022 | Cracovia, Polonia | 1 |
| Campionatos de Oceanía | Por definir | Por definir | 1 |
| Xogos Panamericanos 2023 | 20 de outubro-5 de novembro de 2023 | Santiago de Chile, Chile | 1 |
| Serie de clasificación olímpica | Por definir | Por definir | 7 |
| Invitacións | NC | 2 | |
| Total | 32 | ||
Recinto da competencia
[editar | editar a fonte]O lugar escollido para realizar os eventos desta disciplina é o parque urbano da Concordia, localizado no VIII Distrito de París, no comezo dos Campos Elíseos[4].
Calendario
[editar | editar a fonte]| Proba | venres 9 de agosto | sábado 10 de agosto | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| B-Girls | q | 16:00-18:00 | F | 20:00-22:00 | |||||
| B-Boys | q | 16:00-18:00 | F | 20:00-22:00 | |||||
Medallistas
[editar | editar a fonte]| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| B-Girls | |||
| B-Boys | |||
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Breaking en los Juegos Olímpicos de París 2024".
- ↑ Comment se qualifier pour le breaking à Paris 2024 : Le système olympique de qualification expliqué
- ↑ Paris 2024 Qualification System
- ↑ "Cómo clasificarse para París 2024 en breaking. El sistema de clasificación de los Juegos Olímpicos, explicado".
- ↑ "Calendrier des compétitions par sessions de Paris 2024 - v2" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de decembro de 2023. Consultado o 21 de xullo de 2024.