Reims
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Gran Leste | ||||
| Departamento | Marne | ||||
| Distrito | arrondissement of Reims (en) | ||||
| Capital de | arrondissement of Reims (en) Q88078154 Q88078170 Q88078168 canton of Reims-10 (en) Q88078174 Q88078152 Q88078175 Q88078171 Q88078159 Q88078158 canton of Reims-3 (en) canton of Reims-6 (en) canton of Reims-8 (en) canton of Reims-4 (en) canton of Reims-7 (en) canton of Reims-1 (en) canton of Reims-5 (en) canton of Reims-9 (en) canton of Reims-2 (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 178.478 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Q108921716 Q3551118 | ||||
| Superficie | 46,9 km² | ||||
| Altitude | 93 m-74 m-137 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Arnaud Robinet (2014–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 51100 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Florencia (1954–) Brazzaville (1961–) Canterbury (1962–) Salzburgo (1964–) Aquisgrán (1967–) Condado de Arlington (2004–) Kutná Hora (2008–) Nagoia (2018–) | ||||
| Sitio web | reims.fr | ||||
Reims (/riːmz/, Francés: [ʁɛ̃s] (
)) é a cidade máis poboada da rexión de Gran Leste, aínda que non é capital do seu departamento, Marne. A cidade atópase 129 km (80 mi) ao nordés de París no río Vesle, un afluente do Aisne.
Está situada nunha chaira na ribeira dereita do Vesla, afluente do Aisne, e sobre a canle que conduce o Aisne ao Marne. Ao sur e ao oeste elévase a Montaña de Reims, e nesa mesma dirección atópanse os viñedos de Champaña. Os principais lugares de Reims son a Place Drouet d'Erlon, a Place Royale, no centro, onde se atopa unha estatua de Lois XV, e a place du Parvis, onde hai unha estatua de Xoana de Arco. A Rue de Vesle, a arteria máis importante, atravesa a cidade de suroeste a nordés.
Fundada polos galos, Reims converteuse nunha cidade importante do Imperio Romano.[1] Reims desempeñou máis tarde un papel cerimonial destacado na historia monárquica francesa como lugar tradicional da coroación do reis de Francia. A unción real realizouse na Catedral de Reims, que albergaba a Santa Ampola do crisma supostamente traída por unha pomba branca no bautismo do rei franco Clodoveo I no 496. Por esta razón, Reims refírese a miúdo en francés como la cité des sacres ("a Cidade da Coroación").
Reims é recoñecida pola diversidade do seu patrimonio, que vai dende o Románico ata a Art déco. A Catedral de Reims, o adxacente Palacio de Tau e a Abadía de Saint-Remi foron catalogados xuntos como Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 1991 debido á súa destacada arquitectura románica e gótica e a súa importancia histórica para a monarquía francesa.[2] Reims tamén se atopa no extremo norte da rexión vitivinícola de Champaña e está vinculada á súa produción e exportación.
A superficie da cidade é de 47,02 km² e a súa poboación en 2019 era de 181.194 habitantes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Reims". Nouveau petit Larousse. 1971. p. 1638.
- ↑ "Cathedral of Notre-Dame, Former Abbey of Saint-Rémi and Palace of Tau, Reims". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 17 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reims |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en francés)
