Emmanuel Macron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emmanuel Macron
Emmanuel Macron

Actualmente no cargo
Dende o 14 de maio de 2017
Precedido por François Hollande

Precedido por François Hollande

Datos persoais
Nacemento 21 de decembro de 1977 (39 anos)
Amiens
Partido En Marche!
Pais Francia
Cónxuxe Brigitte Macron
Alma máter universidade Paris-Nanterre
Instituto de Estudos Políticos de París
École nationale d'administration
Relixión catolicismo
Residencia palacio do Elisio
Sinatura Sinatura de Emmanuel Macron


Emmanuel Jean-Michel Frédéric Macron ([emanɥɛl makʁɔ]), nado en Amiens o 21 de decembro de 1977 é un político francés, alto funcionario público e ex-banqueiro de investimentos. Está diplomado en filosofía pola universidade de Nanterre de París e completou un mestrado en asuntos públicos no Instituto de Estudos Políticos de París. Graduouse na Escola Nacional da Administración en 2004 e traballou como inspector de facenda na Inspección Xeral de Finanzas antes de converterse en banqueiro de investimento en Rothschild & Cie.

Membro do Partido Socialista (PS) entre 2006 e 2009 foi designado secretario xeral adxunto no primeiro goberno de François Hollande en 2012. En 2014 foi nomeado ministro de economía, industria e asuntos dixitais no segundo goberno Valls, no que promoveu reformas a favor das empresas. Renunciou en agosto de 2016 para presentarse ás eleccións presidenciais francesas de 2017. En novembro de 2016 anunciou que se presentaría ás eleccións co partido centrista En Marche! que que fundou en abril de 2016.[1][2][3][4] Gañou a primeira volta das eleccións presidenciais, pasando á segunda volta na que se enfrontou a Marine Le Pen o 7 de maio de 2017.[5] Co 65,5 % dos votos estimados converteuse en presidente da república Francesa.[6]


Predecesor:
François Hollande
 Armoiries république française.svg
Presidente da República Francesa
 
2017 - no cargo
Sucesor:
-
Predecesor:
François Hollande
 Coat of arms of Andorra.svg
Copríncipe de Andorra
(Con Joan Enric Vives i Sicília)
 
2017 - no cargo
Sucesor:
-

Notas[editar | editar a fonte]