Francia metropolitana
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Francia | |||
| Capital | París | |||
| Contén a división administrativa | Altos de Francia (2016–) Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes (2016–) Auvernia-Ródano-Alpes (2016–) Borgoña-Franco Condado (2016–) Bretaña Centro-Val de Loira Córsega Gran Leste (2016–) Illa de Francia Normandía (2016–) Occitania (2016–) Países do Loira Provenza-Alpes-Costa Azul | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 64.897.954 (2020) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 543.940 km² | |||
| Moeda | euro | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
| Código de país | sen valor e FX | |||

O termo Francia Metropolitana (France métropolitaine ou simplemente a Métropole) refírese ao territorio continental de Francia en Europa máis as illas das costas continentaís do océano Atlántico, do canle da Mancha e do mar Mediterráneo, incluíndo a illa de Córsega. Exclúe os departamentos de ultramar e os territorios de ultramar, que, malia ser partes integrais da República Francesa, son referidos como Francia de Ultramar (France d'outre-mer). Nos departamentos e territorios de ultramar, unha persoa da Francia Metropolitana é referida como métro.
Ao 1 de xaneiro de 2008, existían 61 875 822 persoas vivindo na Francia Metropolitana, mentres que 2 597 318 vivían na Francia de Ultramar, sumando un total de 64 473 140 na República Francesa.
O termo Francia Continental emprégase cando se exclúen as illas e en particular a de Córsega da Francia Metropolitana.
