Palacio de Versalles
| Palacio de Versalles | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Versalles | |||||||||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||||||||
|
Parte de
| |||||||||||||||||||
|
Estilo
| |||||||||||||||||||
|
Instalacións
| |||||||||||||||||||
|
Composto por
| |||||||||||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||||||||||
|
Ocupante
| |||||||||||||||||||
|
Encargado por
| |||||||||||||||||||
|
Propietario/a
| |||||||||||||||||||
|
Fundador/a
| |||||||||||||||||||
| Datas | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Dimensión | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Localización | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Patrimonio cultural | |||||||||||||||||||
|
Premios
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||
O palacio de Versalles ou castelo de Versalles (en francés: Château de Versailles) é un palacio real localizado na cidade de Versalles, unha aldea rural na época da súa construción, e hoxe en día un suburbio de París. A súa construción foi ordenada polo rei Lois XIV, e constitúe un dos complexos arquitectónicos monárquicos máis importantes de Europa. Con preto de 10 millóns de visitantes ao ano,[1] é tamén un dos sitios turísticos máis importantes de Francia.
A Corte de Versalles foi o centro do poder do Antigo Réxime en Francia dende 1682, cando Lois XIV se mudou de París, até que a familia Real foi forzada a volver á capital en 1789.
O conxunto do palacio e parque de Versalles, incluíndo o Gran Trianón e o Pequeno Trianón, foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1979.[2]
Historia e ampliacións
[editar | editar a fonte]Lois XIV deixou París e decidiu construír Versalles como unha pequena cidade lonxe dos problemas. Tería varias etapas construtivas, marcadas polas amantes de Lois XIV.
- Primeira etapa (1661 - 1668): Sería un palacete de caza ao que se lle engadiron dúas ás laterais que, ao pecharse, conformaron a praza de armas. As fachadas son de ladrillo e unifica a cuberta usando tamén a lousa e as mansardas.
- Segunda etapa (1668 - 1678): Lois XIV pretende trasladar definitivamente a corte a Versalles. Engádense as dúas ás laterais para dar prioridade visual ao xardín, realizado por André Le Nôtre. A fachada que dá ao xardín está construída seguindo o modelo italiano. Un primeiro andar de perpiaños almofadados. Un andar nobre de dobre altura con coxía retranqueada, xogando con entrantes e saíntes e alternando columnas e pilastras. Por último, un terceiro andar que sería o ático, rematado por unha serie de figuras escultóricas que case non deixan ver a caída da cuberta, a cal non é moi inclinada. Chegaron a vivir nel ata 20 000 persoas.
- Terceira etapa (1678 - 1692): Nesta ampliación, realizada por Mansart, construíuse a capela real na á norte do palacio, a dobre altura e con acceso directo á cota cero dende o exterior, estando a Tribuna Real situada no andar principal, dende onde o rei e a súa familia asistían á misa.
Museo da historia de Francia
[editar | editar a fonte]Foi creado no 1837 por Camille Bachasson, conde de Montalivet, por orde de Lois Filipe I.[3]
Cos seus 18 000 m² é o museo de historia máis grande do mundo. Contén unha colección de cadros reunidos ou encargados por Lois Filipe I e están organizados por series históricas. Para a súa exposición, algúns departamentos foron transformados en salas de museo.
O museo está situado nas ás, mentres que a parte central (a excepción do andar baixo), os Grandes Departamentos, as estancias privadas e os departamentos da familia real foron restaurados e poden verse tal como eran cando estaban ocupados polos reis.
Outros Versalles no mundo
[editar | editar a fonte]O conxunto é recoñecido a nivel mundial coma un dos palacios máis grandiosos e inspirou a outros gobernantes e magnates que aspiraban a ter o seu propio paraíso; hai por iso polo mundo moitas edificacións espectaculares que, ou ben seguiron o seu modelo, ou ben se apropiaron deste epíteto co propósito de atraer visitantes. Os máis coñecidos son:
- Versalles español: o Palacio Real de La Granja de San Ildefonso, na provincia de Segovia
- Versalles italiano: Venaria Reale, en Turín ou o Palacio Real de Caserta
- Versalles polaco: Palacio Wilanów ou Palacio Branicki
- Versalles ruso: Palacio de Gátchina ou Peterhof (San Petersburgo)
- Versalles portugués: Palacio Nacional de Queluz
- Versalles alemán: Palacio de Herrenchiemsee, en Baviera, ou o palacio de Sanssouci, na cidade de Potsdam
- Versalles sueco: Palacio de Drottningholm, en Estocolmo
- Versalles neerlandés: Palacio Het Loo
En Galicia, o Pazo de Oca, malia non ser nunca a residencia de ningunha familia real, é coñecido como o Versalles galego, principalmente polos seus xardíns.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Visitors to Versailles (1682-1789)" (en inglés).
- ↑ "Palace and Park of Versailles". Unesco (en inglés).
- ↑ "Historic galleries" (en inglés).
- ↑ "O 'Versalles galego' presume de árbores e formacións senlleiras". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio de Versalles |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en francés)
- Fotos do Palacio e xardins de Versalles Arquivado 01 de maio de 2007 en Wayback Machine. (en francés)
- Extensa fotogalería de Versalles (en inglés)
