Saltar ao contido

NRK

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Norsk Rikskringkasting»)
 NRK
Imaxe da bandeira
Logotipo
Imaxe
 Medio usado
 Cargo dirixente
Características
 Forma xurídica
 Produto ou servizo
Implicados
 Director/a executivo/a
Vibeke Fürst Haugen (pt) Traducir 2022
Thor Gjermund Eriksen 2013 - 2022
Hans-Tore Bjerkaas (en) Traducir 2007 - 2013
John G. Bernander (en) Traducir 2001 - 2007
Einar Førde 1989 - 2001
Bjartmar Gjerde 1981 - 1989
Torolf Elster (en) Traducir 1972 - 1981
Hans Jacob Ustvedt (pt) Traducir 1962 - 1972
Kaare Fostervoll 1948 - 1962
Toralv Øksnevad 1940 - 1945
Olav Midttun (en) Traducir 1934 - 1940 Editar o valor en Wikidata
 Membro de
 Ten en propiedade
 Entidades subsidiarias
Datas
 Fundación / creación
1933 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
Cadro de persoal3400 (2020) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Códigos e identificadores
VIAF141513237 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000122901238 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01cfvm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: nrkno Twitter: NRKno Instagram: nrkno Youtube: UCBevtY7fDYVEVkgWez2tAgA Discogs: 485355 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Kringkastingshuset (Casa da Radio) en Oslo

NRK (Norsk Rikskringkasting) é a compañía pública de radio e televisión de Noruega, é un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión. O seu financiamento procede principalmente das cotas dos televidentes e das vendas de programas e DVD.

A NRK fundouse o 24 de xuño de 1933 seguindo o modelo da BBC, o 1 de xullo comezou a emitir regularmente, eliminándose progresivamente todas as licenzas de radio privadas que se converteron en parte da NRK[1]. Durante a ocupación alemá na segunda guerra mundial os transmisores de radio da NRK utilizáronse para transmitiren propaganda nazi cara a Escocia, Irlanda do Norte e Escandinavia. O goberno no exilio reorganizou a NRK dirixida por Toralv Øksnevad que transmitía a través do servizo exterior da BBC cara a Noruega e que redifundían ducias de emisoras clandestinas en toda Noruega, o anuncio de Dette er London! (Aquí Londres) converteuse nunha voz de chamada para a resistencia norueguesa, nun momento no que se condenaba coa pena de morte a escoita de emisións estranxeiras. Tamén desde Boston por onda curta e dirixido por Gunnar Nygård transmitiu a NRK no exilio programas dirixidos aos mariñeiros noruegueses espallados por todo o mundo.

En 1948 comezou a funcionar o servizo exterior de radio, Utenlandssendingen por onda curta transmitindo en noruegués e inglés e que estivo en activo ata o 1 de xaneiro de 2002. En 1950 a NRK foi un dos fundadores da UER, en 1954 comezou as transmisións de televisións que se fixeron regulares desde 1960. En 1975 deixou de ter o monopolio sobre as estacións de radio e en 1984 estableceu a súa segunda canle de radio.


a Accesible en FM nalgunhas partes do país
b DAB, DVB-T e radio por Internet

c En cooperación coa SVT e a YLE,
d Só por DAB
e Radio por Internet

Televisión

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]