Martinica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martinica
Martinique
Bandeira de Martinica
Escudo de Martinica
Bandeira Escudo
LocationMartinique.png
Capital Fort-de-France
 • Poboación 100 080 (2005)
Cidade máis poboada Fort-de-France
Linguas oficiais Francés
Forma de goberno República
François Hollande
Alfred Marie-Jeanne
Dependencia de Francia 1635
Superficie Posto 184º
 • Total 1.128 km²
 • % auga Desprezable
Fronteiras 0 km
Costas 350 km
 • Total 383.911 hab. (2014) hab.
 • Densidade 340 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
 • Total n/d
 • per cápita n/d
Moeda Euro (EUR)
IDH n/d
Xentilicio n/d
Fuso horario UTC -4
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet .mq
Prefixo telefónico +596
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO 474 / MTQ / MQ
Membro de: Unión Europea

A illa da Martinica (en francés Martinique) é un departamento de ultramar francés localizado ao norte de Trinidad e Tobago, en augas do Mar Caribe (como tal, constitúe unha rexión ultraperiférica da Unión Europea). Esta illa pertence ás Pequenas Antillas Francesas do leste do mar Caribe, unha das illas Windward ou de Barlovento. É montañosa e de orixe volcánico. Cristovo Colón foi o primeiro navegante en descubrir a illa o 15 de xuño de 1502 mais, excepto en 3 ocasións en que foi ocupada brevemente por outras nacións, a illa permaneceu baixo dominio francés desde a seu colonización no ano de 1635. Martinica está dominada polo Monte Pelée, o cal fixo erupción o 8 de maio de 1902 destruíndo completamente o primeiro asentamento europeo na illa (Saint Pierre) e matando a máis de 30.000 persoas.

Historia[editar | editar a fonte]

Saint-Pierre. Antes da destrución total de Saint-Pierre en 1902 por unha erupción volcánica, era a cidade máis importante de Martinica, cultural e economicamente, sendo coñecida como "o París do Caribe".

Antes do contacto europeo[editar | editar a fonte]

A illa foi ocupada primeiro polos pobos arauacos e logo polos caribes. O pobo caribe emigrara do continente ás illas ao redor de 1201, segundo a datación do carbono nos artefactos. Foron en gran parte desprazados, exterminados e asimilados polos taínos, que residían na illa na década de 1490.[1]

1493-1688[editar | editar a fonte]

Martinica foi cartografiada por Cristovo Colón en 1493, pero España tiña pouco interese no territorio. Cristovo Colón foi o primeiro navegante europeo en chegar á illa o 15 de xuño de 1502 pero, salvo en 3 ocasións en que foi ocupada brevemente por outras nacións, a illa permaneceu baixo dominio francés desde a súa colonización no ano de 1635.

O 15 de setembro de 1635, Pierre Belain d'Esnambuc, gobernador francés da illa de Saint Kitts, desembarcou no porto de Saint Pierre con 150 colonos franceses logo de ser expulsado de Saint Kitts polos ingleses. D'Esnambuc reclamou Martinica para o rei francés Luís XIII e a Compañía das Illas de América francesa, e estableceu o primeiro establecemento europeo en Fort Saint-Pierre (agora Saint-Pierre). D'Esnambuc morreu en 1636, deixando a compañía e Martinica en mans do seu sobriño, Du Parquet. En 1637, o seu sobriño Jacques Dyel du Parquet converteuse en gobernador da illa.

En 1636, os indíxenas caribes levantáronse contra os colonos para expulsalos da illa na primeira de moitas escaramuzas. Os franceses rexeitaron con éxito aos nativos e obrigáronos a retirarse á parte leste da illa, na península de Caravelle na rexión entón coñecida como o Capesterre. Cando os caribes se rebelaron contra o goberno francés en 1658, o Gobernador Charles Houël du Petit Pré retomou a guerra contra eles. Moitos foron asasinados. Os que sobreviviron foron capturados e expulsados da illa. Algúns caribes fuxiran a Dominica ou San Vicente, onde os franceses acordaron deixalos en paz.

O ataque aos barcos franceses na Martinica en 1667

Debido a que había poucos sacerdotes católicos nas Antillas francesas, moitos dos primeiros colonos franceses foron hugonotes que buscaban unha maior liberdade relixiosa da que podían gozar na Francia continental. Eran moi traballadores e fixéronse moi prósperos. Aínda que os edictos da corte do Rei Luís XIV chegaron regularmente ás illas para suprimir aos "herexes" protestantes, estes ignoráronse en gran parte polas autoridades da illa ata o edito de Revogación en 1685.

Desde setembro de 1686 ata principios de 1688, a coroa francesa utilizou a Martinica como ameaza e lugar de desterro para os hugonotes continentais que se negaron a reconverterse ao catolicismo. Deportaron máis de 1.000 hugonotes a Martinica durante este período, usualmente baixo condicións miserables e ateigadas que causaron que moitos deles morresen no camiño. Os que sobreviviron á viaxe distribuíronse entre os plantadores da illa como "Engagés" (servintes contratados) baixo o sistema de servidume que prevalecía nas Antillas Francesas .

Como moitos dos propietarios de Martinica eran hugonotes e compartían o sufrimento baixo as severas restriccións da Revogación, comezaron a conspirar para emigrar de Martinica con moitos dos seus recentemente chegados irmáns. Moitos deles alentados polos seus irmáns católicos, que esperaban a partida dos herexes para apropiarse dos seus bens. En 1688, case toda a poboación protestante francesa de Martinica escapara ás colonias británicas americanas ou volveron aos países protestantes. A política dezmou á poboación de Martinica e o resto das Antillas francesas e atrasou a súa colonización durante décadas, causando que o rei francés relaxase as súas políticas nas illas deixando as illas susceptibles á ocupación británica durante o século próximo.[2]

Post-1688[editar | editar a fonte]

A Batalla de Martinica entre as frotas británica e francesa en 1779

Martinica foi ocupada varias veces polos británicos, incluíndo unha vez durante a Guerra dos Sete Anos e dúas veces durante as ruerras napoleónicas. Gran Bretaña controlou a illa case continuamente no período 1794-1815, cando devolveuse de novo a Francia na conclusión das guerras napoleónicas.[3] Martinica permaneceu como posesión francesa desde entón.

A medida que os prezos do azucre diminuíron a principios do século XIX, a clase dos plantadores perdeu influencia política. En 1848, Victor Schoelcher persuadiu ao goberno francés para poñer fin á escravitude nas Indias Occidentais francesas.[3]

O 8 de maio de 1902, unha erupción do Monte Pelée destruíu completamente St. Pierre, matando a 30.000 persoas. Debido á erupción, refuxiados de Martinica chegaron en barcos ás aldeas meridionais de Dominica pero algúns quedaron permanentemente na illa. En Martinica, o único superviviente na cidade de Saint-Pierre foi Auguste Cyparis, salvado polas grosas paredes da súa cela na prisión.[4] Pouco despois, a capital cambiou a Fort-de-France, onde permanece hoxe.

En 1946, a Asemblea Nacional de Francia votou por unanimidade transformar a colonia nun Departamento de Ultramar de Francia. En 1974, converteuse simplemente nun Departamento.

En 2009, as folgas xerais francesas do Caribe de 2009 expuxeron tensións étnicas profundas, e tensións e disparidades de clase dentro de Martinica.[5]

Goberno[editar | editar a fonte]

Mapa de Martinica.

Xunto con Guadalupe, Reunión, Mayotte e Güiana Francesa, Martinica é un dos Departamentos de Ultramar de Francia. Tamén é unha rexión ultraperiférica da Unión Europea. Os habitantes de Martinica son cidadáns franceses con dereitos políticos e legais completos. Martinica envía catro deputados á Asemblea Nacional de Francia e dous senadores ao Senado de Francia.

O 24 de xaneiro de 2010, durante un referendo, os habitantes de Martinica aprobaron cun 68,4% a pasaxe a ser unha "única comunidade", no marco do artigo 73 da Constitución, este substitúe e exerce as competencias do consello xeral e o consello rexional.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Mapa de Martinica mostrando os catro arrondissement da illa

Martinica divídese en catro "arrondissements", 34 comunas, e 45 cantóns. Os catro arrondissements da illa, cos seus respectivos emprazamentos, son os seguintes:

Demografía[editar | editar a fonte]

A capital Fort-de-France conta con 100.080 habitantes. Outras cidades importantes son Le Lamentin (30.028 habitantes) e Sainte Marie (19.682 habitantes). O 90 % dos habitantes son negros ou mulatos, e o 85 % son católicos.


Xeografía[editar | editar a fonte]

Forma parte do arquipélago das Antillas, Martinica está situada no mar Caribe cerca do nordés da costa de Sudamérica e ao redor de 700 km ao sueste da República Dominicana. Está directamente ao norte de Santa Lucía, ao noroeste de Barbados, ao sueste de Puerto Rico e a República Dominicana e ao sur de Dominica.

A área total de Martinica é de 1.100 km2, dos cales 40 km2 son auga e o restante terra. Martinica é a terceira illa máis grande das Antillas Menores logo de Trinidad e Guadalupe. Esténdese 70 km de longo e 30 km de largo. O punto máis alto é o volcán de Mont Pelée con 1397 m sobre o nivel do mar.

Economía[editar | editar a fonte]

O seu Produto Interior Bruto por habitante equivale á metade do de Francia metropolitana. Por iso Martinica benefíciase dos fondos estruturais que outorga a Unión Europea ás zonas económicas menos favorecidas.

Principais intercambios comerciais:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  2. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  3. 3,0 3,1 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  4. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  5. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.[Ligazón morta]