Montpellier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°36′43″N 3°52′38″L / 43.61194, -3.87722

Montpellier
Montpelhièr
Blason ville fr Montpellier.svg
Montpellier PhotoMontage 01.jpg
Vistas da cidade.
Localización
Montpellier en Francia
Montpellier
Montpellier
PaísFrancia Francia
RexiónOccitania
DepartamentoHérault
Xeografía
Altitude7–121 msnm
Superficie56,88 km²
Demografía
Poboación268.456
Densidade4.700 hab./km2
Outros datos
Código postal34172 / 34000, 34070, 34080, 34090
AlcaldePhilippe Saurel (2014 - 2020)

Montpellier (en occitano: Montpelhièr) é unha cidade francesa con máis de mil anos de historia e cunha arquitectura que mestura o antigo e o moderno. É a capital do departamento Hérault e da rexión francesa do Languedoc-Rosellón. O nome Montpellier provén de mont pelé, o monte pelado, en función da súa escasa vexetación.

O concello ten censados 257.351 habitantes (2010), ascendendo a 542.867 ao se incluír toda a rexión metropolitana que a circunda. É a oitava cidade máis poboada de Francia (poboación intra-muros), mentres que a rexión metropolitana sería a décimo quinta. É unha das poucas cidades francesas de máis de 100.000 habitantes que medrou sen interrupción nos últimos cincuenta anos.

Está situada nun importante eixo de comunicación: España cara o oeste, Italia cara o leste e o val do Ródano cara o norte. Está moi próxima do Mediterráneo (13 km) e do importante porto de Sète (30 km). Outras cidades próximas de importancia son Marsella, Tolosa ou Barcelona.

Dous pequenos ríos atravesan Montpellier: o Lez no leste e o Mosson no oeste. Ademais un regacho (o Verdanson) cruza a cidade e vai desembocar no Lez no barrio da Pompignane. A paisaxe de Montpellier está marcada polo pico Saint-Loup (658 m), situado a uns 25 km ao norte da vila e visible dende numerosos puntos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]