Saltar ao contido

Chamonix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Chamonix-Mont-Blanc»)
Modelo:Xeografía políticaChamonix
Chamonix-Mont-Blanc (fr) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°55′20″N 6°52′08″L / 45.9222, 6.8689
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAuvernia-Ródano-Alpes
DepartamentoAlta Savoia
Distritosarrondissement of Bonneville (en) Traducir
Cantóncanton of Chamonix-Mont-Blanc (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación8.642 (2021) Editar o valor en Wikidata (74,16 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921333 Traducir
Q114360775 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie116,53 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.030 m-995 m-4.807 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1091 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Identificador descritivo
Código postal74400 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webchamonix.fr Editar o valor en Wikidata
Instagram: chamonixmontblanc LinkedIn: mairie-de-chamonix-mont-blanc BNE: XX452307 Editar o valor en Wikidata

Chamonix-Mont-Blanc, ou máis comunmente Chamonix, é unha comuna no departamento de Alta Savoia na rexión de Ródano-Alpes, no sueste de Francia. Foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1924, os primeiros Xogos de Inverno. A poboación da comuna é de 9.086 habitantes, ocupando o posto 865 do país.[1]

Situado preto do macizo de picos das Agullas Vermellas, Chamonix alberga o cumio do Mont Blanc cos seus veciños da comuna de Courmayeur en Italia, e posúe o título da comuna máis alta de Francia. A comuna é ben coñecida e querida polos esquiadores e amantes da montaña. O Mont Blanc, cunha altitude de 4.810 metros, é o terceiro lugar natural máis visitado do mundo.[2] Cunha superficie de 245 quilómetros cadrados, Chamonix é a cuarta comuna máis grande da Francia continental.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Asentamentos

[editar | editar a fonte]

O municipio de Chamonix inclúe 16 vilas e aldeas. De norte a sur: Le Tour (1462 m), Montroc, Le Planet, Argentière (1252 m), Les Chosalets, Le Lavancher, Les Tines, Les Bois, Les-Praz-de-Chamonix (1060 m), Chamonix-Mont-Blanc, Les Pècles, Les Mouilles, Les Barrats, Les Pélerins, Les Gaillands, e Les Bossons (1012 m).

Transporte

[editar | editar a fonte]

A vila de Chamonix é servida pola francesa Route Nationale 205 (RN 205), alcumada a Route Blanche, ou "ruta branca" debido ás súas nevaradas. Esta é unha extensión da francesa autoroute 40 (A40), do mesmo xeito alcumada a autoroute blanche, que remata en Le Fayet, unha aldea na comuna de Saint-Gervais-les-Bains.[3] O túnel do Mont Blanc de 11,6 km orixínase aquí, unindo Chamonix con Courmayeur en Italia.[4] Chamonix está unido con Suíza pola que adoitaba ser a RN 506a. En 2006 foi convertida na Route Départementale 1506, cunha parte dela integrada na RN 205. O aeroporto máis próximo a Chamonix é o Aeroporto Internacional de Xenebra e está a 88 km de distancia, habendo empresas que realizan traslados ao aeroporto cada 45 minutos.[5] Outras ofrecen un servizo regular de autobús diario desde o aeroporto de Xenebra a Chamonix.[6]

Ferrocarril

[editar | editar a fonte]

Chamonix é servido pola bitola métrica Saint-Gervais–Vallorcine, operado por SNCF. A liña de Saint-Gervais (na rede ferroviaria de vía ancha) a Chamonix abriuse en 1901; estendéndose a Vallorcine en 1908. A liña ten o récord de ser a máis empinada.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Chamonix está irmandado con:

Panorama do val de Chamonix
  1. "INSEE - Chamonix: Données générales"
  2. ""Classement mondial du Mont-Blanc en termes de fréquentation"". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2011. Consultado o 28 de abril de 2011. 
  3. "Site de l'association de défense des usagers de l'A40 et de l'A41"
  4. ""Chamonix Valley Website"". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2008. Consultado o 29 de abril de 2011. 
  5. ""Geneva to Chamonix Low Fare Transfers"". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2011. Consultado o 29 de abril de 2011. 
  6. "deluxe-transfers.com"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]