Río Lor
Aparencia
| Tipo | curso de auga | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Inicio | |||||
| División administrativa | provincia de Lugo, España | ||||
| Localización | Fonlor | ||||
| Final | |||||
| División administrativa | Quiroga, España | ||||
| Localización | Augas Mestas | ||||
| Desembocadura | Río Sil | ||||
| |||||
| Conca hidrográfica | conca do Miño | ||||
| Características | |||||
| Dimensións | 54 ( | ||||
| Superficie | 372 km² | ||||
O Lor é un río galego, afluente do río Sil, situado na provincia de Lugo, e que discorre polas montañas do Courel.
Características
[editar | editar a fonte]Ten 54 quilómetros de lonxitude, e a súa conca é de 372 km². Nace en Fonlor (Pedrafita do Cebreiro), percorre a serra do Courel de norte a sur, e finalmente dá as súas augas ao río Sil en Augas Mestas (Quiroga), unha aldea hoxe baixo as augas. Os seus afluentes máis importantes son os ríos Lóuzara e Pequeno.
O poeta courelao Uxío Novoneyra escribiu varios poemas tratando do río.
Fauna
[editar | editar a fonte]No río e na súa bacía podemos encontrar peixes (troitas ou anguías), anfibios (o tritón palmado, a ra ibérica) e réptiles (o lagarto verdinegro). O mamífero máis representativo é a lontra.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
