Serra dos Ancares
| Tipo | serra monumento | |||
|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Península Ibérica | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | provincia de León, España e provincia de Lugo, España | |||
| ||||
| Cordilleira | Macizo Galaico | |||
| Características | ||||
| Altitude | 1.987 m | |||
| Dimensións | 32 ( | |||
| Punto máis alto | Pico Cuíña | |||
| Ben de Interese Cultural de España | ||||
| Data | 13 de agosto de 1971 | |||
| Identificador | RI-54-0000035-00001 | |||
A serra de Ancares é unha cordilleira administrativamente dividida entre Galicia e Castela e León, no extremo suroeste da cordilleira Cantábrica. Encóntrase situada na parte máis oriental da provincia de Lugo e na parte máis noroccidental da provincia de León.
Características
[editar | editar a fonte]Constitúe o límite entre Galicia e Castela e León. De norte a sur, destacan nela os cumes de Miravales (1966 m), o Pico Cuíña (1992 m), Pena Longa (1896 m), O Mustallar (1935 m), Pico de Lagos (1867 m), Pico dos Tres Bispos (1794 m) e Penarrubia (1822 m). Esta serra presenta fracturas nas súas fallas, formando pequenos vales polos que discorren os afluentes do río Navia na vertente galega e os da conca do río Sil na vertente leonesa.
Predominan lousas, calcarias, filitas, areíscas e cuarcitas. O clima que presenta é o oceánico de montaña. Os mamíferos que podemos encontrar son o lobo, o corzo e ocasionalmente o oso pardo. Entre as aves, destacan a aguia cobreira e a pita do monte, case extinta na parte galega da serra. En canto á vexetación xunta aos ríos atópanse salgueiros e abeneiros, tamén son frecuentes os castiñeiros, freixos e abeleiras, carballos e acivros por riba dos 1600 metros medra o mato, as uceiras nos solos máis pobres e os piornos nas zonas máis ricas[1].
Recentemente, no 2006, foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da Serra dos Ancares.
- Vista panorámica da serra dos Ancares
- Pico Tres Bispos
- Río Navia
- Camiño de Piornedo ata O Mustallar.
- Vista da serra.
- Piornedo.
- Vista do val.
- Camiño a Tres Bispos.
- Neve nos Ancares.
- Vista xeral.
- Castiñeiros cubertos de liques.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González Arias, Alejandro, Guía e rutas dos Ancares, Vigo: Editorial Galaxia, 1995, pp 13-14
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- González Arias, Alejandro (1995). Guía e rutas dos Ancares. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-021-1.
- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
