Río Mao, río Cabe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mao
A Ribeira de Tuimil.jpg
ó seu paso por Ribeira de Tuimil no concello de Bóveda.
País Galicia Galicia
Nacemento Veigas
Desembocadura Río Cabe

O río Mao é un río galego, afluente do Cabe, que percorre a Comarca da Terra de Lemos.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Mao nace nas Cortiñas, unha aldea da parroquia de San Salvador do Mao (O Incio), a 950 m de altitude, e percorre terras de tres concellos: O Incio, Bóveda e Monforte de Lemos. Atravesa os núcleos de Santa María do Mao, A Barxa, Xullán, Bóveda, A Eirexa e Cedrón. Desemboca no río Cabe na parroquia da Parte (Monforte de Lemos), a 320 m. de altitude.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Pola esquerda:

Pola dereita:

Natureza e cultura[editar | editar a fonte]

A fauna deste río sufriu unha grande alteración[Cómpre referencia] coa creación da presa de Vilasouto.

O río Mao é mencionado nun bo número de antigos documentos, entre eles o Tombo de Samos, que recolle información a partir do ano 854.