Río Anllo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Anllo
País España España
Comunidade Autónoma Galicia Galicia
Nacemento Os Currás (Abadín)
Cordal de Neda [1][2][3][4]
Altitude 538 m [1]
Lonxitude 42 km [3]
Desembocadura Río Miño [1]
Altitude desembocadura 393 m [1]
Cadea fluvial Río Anllo,
Río Miño
Hidrogalicia rio minno.svg
Conca do río Miño no territorio galego

O río Anllo é un pequeno curso fluvial galego da provincia de Lugo, afluente do Miño, no seu curso alto e pola súa marxe dereita.

Étimo[editar | editar a fonte]

O nome pode corresponder á un étimo latino *rivu angulu, "río en ángulo"[5], posibelmente respondendo ao seu curso sinuoso, como está ben demostrado para Riaño, na provincia de León.

Descrición[editar | editar a fonte]

O Anllo nace ó pé do Cordal de Neda, na xunta dos regos da Ponte Vella e de Lousas, na ponte dos Currás, no concello lugués de Abadín, co nome de Rego da Xesta.[1][2][3][4] Nos seus primeiros quilómetros de percorrido recolle as augas de numerosos regos que baixan dende o Xistral e o Cordal de Neda, e recibe os nomes de Rego de Gontán, e Río Abadín.[1][2] Logo de atravesar a parroquia das Goás recibe definitivamente o nome de Anllo. Penetra no concello de Cospeito e divídese en dous brazos: o esquerdo coñecese como Río Guisande e desemboca no Támoga tras bañar a Lagoa de Cospeito, mentres que o Anllo continúa polo brazo dereito.[1][2][4]. Máis adiante volve dividirse en dous, formando unha gran ínsua na parroquía de Roás.[1][2] Despois de atravesar as parroquias de Momán e Xermar desauga no Miño no muíño do Toural, á altura do lugar de Amorín, na parroquia de Triabá, Castro de Rei.[1][2] O seu percorrido total é de 42 km.[3]

O Anllo é un río de réxime pluvial, consonte unha pluviosidade de tipo oceánico, sendo a media de precipitacións da súa conca de 1.166 mm anuais. [Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Instituto Geográfico Nacional de España. "GoolZoom - Cartografía Raster" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de cartografía raster del IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 15/4/2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Instituto Geográfico Nacional de España (1946). "GoolZoom - Topográfico MTN50" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de la primera edición del MTN50 del IGN ed.). 1:50.000. MTN50 (en castelán). Consultado o 15/4/2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Anllo". Gran Enciclopedia Galega 3. El Progreso - Diario de Pontevedra. p. 42. ISBN 84-87804-05-5. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 40. ISBN 978-84-8341-136-0. 
  5. Cabeza Quiles, F. (2000). Os nomes da terra. Toxosoutos, Noia (A Coruña). ISBN 84-89129-97-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]



Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.