Encoro de Vilasouto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O encoro de Vilasouto é un pantano artificial situado no concello do Incio, na provincia de Lugo, entre as parroquias de Vilasouto, Eirexalba e Goó, que forma parte da conca do río Mao.

Ten unha capacidade máxima de 21 hm³ e ocupa unha extensión de 111 ha, tendo unhas dimensións de 2 km de longo e 1,5 km de ancho, aproximadamente.

Construíuse en 1969, coa intención de solucionar os problemas de abastecemento de auga de boa parte da Terra de Lemos, mediante o regadío do Val de Lemos. O encoro anegou terras e vivendas, afectando sobre todo ás parroquias de Vilasouto, Eirexalba e Goó, sendo os núcleos do Barreal, A Illeira e Outeiro os máis afectados. O encoro tamén asolagou na paraxe coñecida como Agro do Pepe rochas con petróglifos que quedan mergulladas durante as épocas de intensas choivas. Tamén quedou en desuso a antiga igrexa de San Mamede de Vilasouto, construíndose unha nova no centro do actual pobo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]