Lagoa de Cospeito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°14′31.9″N 7°33′11.9″O / 43.242194, -7.553306

Lagoa de Cospeito
Lagoa de Cospeito.JPG
Marco Legal
Figura de Protección: Lugar de importancia comunitaria (LIC) Parga-Ladra-Támoga e Reserva da Biosfera Terras do Miño
Ano de constitución: Parga-Ladra-Támoga (2004), Terras do Miño (2002)
Superficie: 16,9 hectáreas: 5,69 ha a lagoa central e 11,21 a lagoa periférica
Lexislación:
Datos de interese
País: España España
Provincias: Flag of the City of Lugo, Spain (official).PNG Lugo
Concellos: Cospeito
Ríos: Guisande
Picos
Direccións de interese: Lagoa situada na localidade da Feira do Monte
Teléfonos:


A lagoa de Cospeito é un humedal permanente situado no concello de Cospeito, e é unha das lagoas máis importantes de Galicia. Está situada a uns 25 km da capital provincial, Lugo.

Características[editar | editar a fonte]

Vista aérea da lagoa en 2015.

Englobada dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño, é un dos ecosistemas hídricos máis importantes do noroeste da península. As súas augas proveñen do río Guisande, afluente do Miño.

Tempo atrás existían 2 lagoas que ocupaban unha extensión de 73,75 hectáreas, pero a meirande parte deste territorio foi desecado na década dos 60 para darlle un uso soamente agrícola.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

Neste humidal existen aves coma avefrías, asubiadores, lavancos, cercetas, galiñas de río ou grúas, anfibios coma ras, tritóns, ou píntegas, peixes coma troitas, e mamíferos coma ourizos ou esquíos.

Respecto da flora constitúese principalmente de vexetación de ribeira coma carballos ou bidueiros, existindo tamén especies insólitas coma o cardiño da lagoa (Eryngium viviparum).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]