Heliporto Costa Norte
Aparencia
| Heliporto Costa Norte | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| Transporte | |||||||||
|
Ofrece servizo a
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||

O Heliporto Costa Norte (Código OACI: LEPV) é un heliporto situado na localidade lucense de Viveiro, nas inmediacións do Porto de Celeiro. Este heliporto foi construído a finais dos anos 80, e unha década despois modernizado e ampliado a unha superficie de 4.000 metros cadrados.
Este heliporto é a base do helicóptero "Pesca 2", un dos helicópteros do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Xunta de Galiza.
Desde que se iniciou o servizo de Rescate Aéreo, tres tipos de aeronaves existiron no Heliporto Costa Norte:
- Bell 212 Twin Two-Twelve
- Eurocopter AS-365N-2 Dauphin II - EC-HIM[1]
- Sikorsky S-76C+ - EC-JET[2]
