N-540
| N-540 Estrada Lugo - Portugal por Ourense | |
|---|---|
| Tipoloxía | Estrada convencional |
| Rede | Rede de estradas do Estado |
| Lonxitude | 79 km |
| Localización | |
| Inicio | N-VI Lugo |
| Fin | Ourense |
A N-540 é unha estrada nacional, que vai de Lugo a Ourense. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).
Percorrido
[editar | editar a fonte]A estrada comeza en Lugo, e vai en dirección sur compartindo vía coa estrada N-640, que deixa á dereita cun desvío cara a Agolada en Vendas de Narón. Despois a N-540 atravesa Taboada, Chantada (cunha circunvalación) e A Barrela (Carballedo). Segue polos concellos de Vilamarín e A Peroxa até enlazar coa estrada N-525 (Benavente-Santiago de Compostela) no Empalme, en Cambeo (concello de Coles).
Antigamente continuaba até a fronteira con Portugal por Barbadás, Celanova, Bande e Lobios con fin na raia seca, mais este tramo foi renomeado como OU-540.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ley 25/1988, de Carreteras Inclúe Anexo co Catálogo da Rede de Estradas do Estado.
Este artigo sobre estradas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |