Catedral de Mondoñedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Mondoñedo
Catedral de Mondoñedo.jpg
Fachada da catedral.
Datos xerais
País Galicia Galicia
Tipo Catedral
Localización Mondoñedo, Lugo
Coordenadas 43°25′41″N 7°21′46″O / 43.4281, -7.36278Coordenadas: 43°25′41″N 7°21′46″O / 43.4281, -7.36278
Culto
Culto Igrexa católica
Diocese Mondoñedo-Ferrol
Arquitectura
Construción 1225 [1] (Antigo Reino de Galiza Bandeirareinogaliza.svg)
Identificador RI-51-0000080
Catedral de Mondoñedo en Galicia
Catedral de Mondoñedo
Catedral de Mondoñedo
Localización da Catedral de Mondoñedo.
Non confundir coa Basílica de San Martiño de Mondoñedo.

A catedral de Mondoñedo é un templo católico da vila de Mondoñedo, unha das sés episcopais da diocese de Mondoñedo-Ferrol xunto coa Concatedral de Ferrol. Foi declarada Monumento Nacional en 1902 e nomeada basílica por Xoán XXIII cunha bula datada o 9 de marzo de 1959.

Historia[editar | editar a fonte]

A mediados do século IX un conxunto de monxes asentouse xunto ao Cantábrico. Afonso III deu o seu beneplácito ao asentamento configurando en certa forma a nova diocese. No 866, o bispado de Lugo cedeu terreos ao norte do seu bispado, próximo ao Mar Cantábrico, dando orixe á diocese mindoniense e creándose o mosteiro de San Martiño de Mondoñedo en Foz como sede da mesma.

Debido á súa proximidade ao mar e o perigo de incursións dos pobos de norte (normandos e viquingos), os bispos pensaron na necesidade de trasladarse a terras do interior. Os bispos da sede mindoniense conseguiron por parte do Papa e a raíña Urraca trasladar a sede da diocese á actual Mondoñedo (nomeada en honor á anterior) ao redor 1112. Entón decidiron a necesidade do inicio da construción da actual catedral.

Características[editar | editar a fonte]

Catedral de Mondoñedo

O actual templo, de estilo románico comezouse a construír en 1219 e en 1246 estaría avanzada a obra, aínda que se concluíu durante os séculos XIII e XIV. Estivo aberta ao culto desde 1225 e foi consagrada no 1248. A catedral na súa estrutura inicial tiña tres ábsidas; a maior e dúas menores.

Como outras catedrais do momento como a de Lleida, Tarragona, Tudela ou Sigüenza foron construídas seguindo no estrutural ao modelo francés do Languedoc. Trátase dun edificio cun estilo de transición entre o románico e o gótico do que non chega a adoptar gran parte dos seus avances e no que a robustez do románico prima sobre o naquel momento imperante estilo gótico.

A catedral actual é un edificio de tres naves, con bóveda de crucería nervadas, baixas e moi abertas, sobre arcos apuntados, cun cruceiro destacado.

No século XVI derrubáronse as dúas capelas absidiais laterais para construír un deambulatorio rectangular. No século XVIII aumentáronselle os brazos do cruceiro.

A fachada do templo componse de tres grandes oxivas que se corresponden coas tres naves.A fachada occidental posúe un rosetón do século XIV de 5 metros de diámetro con vidreiras policromadas. Está flanqueada por dúas impoñentes torres e posúe de importantes escudos.

No interior atópase o museo de arte sacra, que é un dos máis importantes de Galicia e atópase situado nas naves laterais do templo.

Pinturas da catedral

O seu retablo maior posúe dous corpos,o primeiro corpo está dedicado á Asunción da Virxe e o segundo ao misterio da Santísima Trindade. Este retablo foi decorado por Fernando de Terán.

Durante a idade media construíuse un coro de pedra que foi substituído a principios do século XVI por un de madeira. Neste século tamén se construíu o deambulatorio e a finais do mesmo a sancristía.

O claustro é do século XVII, en estilo renacentista, posúe planta cadrada e está rodeado de arcos de medio punto con columnas dóricas. Foi reconstruído por Diego Ibáñez Pacheco. Foi realizado entre 1636 e 1640 substituíndo ao antigo claustro medieval.

No século XVIII remodelouse a fachada e engadíronse as torres que a barroquizaron, por orde do bispo don Xoán Muñoz.

Estilos[editar | editar a fonte]

A catedral posúe varios estilos debido ás sucesivas ampliacións e reformas ao longo do tempo. Foi construída sobre bases románicas, aínda que sufriu ampliacións barrocas.

Na porta principal e a ábsida maior pódense ver as súas orixes románicas.

Doutra banda tanto o cruceiro e a sancristía son de estilo gótico, así como o rosetón de cinco metros de diámetro da fachada occidental.

As pinturas da nave central situadas baixo os órganos tamén se enmarcan no estilo gótico. Entre estas pinturas cabe destacar a pertencente á escena da Degolación dos Inocentes. A cantería do coro tallada en madeira de nogueira pertence igualmente a este estilo.

O claustro reformado a principios do século XVII é de estilo clásico, consta dun só andar con arcos de medio punto e columnas dóricas. No centro existe un cruceiro gótico, que probablemente pertencía ao primitivo claustro.

O retablo maior actual, obra de Fernando de Terán é rococó con columnas neoclásicas.

Museo[editar | editar a fonte]

Inaugurado en 1969, está dividido en cinco salas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. Consagrada en 1248.