Río Landro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Landro
Desembocadura do Landro en Viveiro.
Desembocadura do Landro en Viveiro.
País Galicia Galicia
Nacemento Serra do Xistral
O Viveiró
Lonxitude 42 km
Conca 268
Desembocadura Ría de Viveiro

O río Landro ou Landrove é un curso fluvial galego, pertencente á vertente cantábrica. Segue unha dirección S-N e desemboca na ría de Viveiro. Ten un percorrido de 42 km e a súa bacía esténdese por 268 km².

Percorrido[editar | editar a fonte]

Nace na parroquia do Viveiró (Muras), nas vertentes oeste e suroeste da serra do Xistral, a 800 m de altitude. Baixa por un val aberto até Escoiras, que logo se estreita, ao paso que recibe as augas dos regatos da Eireixa, Ribeira, Torres Vellas e Barocas. Vólvese a abrir por Nogarido e, outra vez encaixado, recolle as achegas do Besteburiz, Balsadas e Grandal. Desde Santa Mariña contribúen o Boimente, o Louro, o Loureiro (ou río Xudreiro, onde está a fervenza do Pozo da Ferida), o río da Balsa e o Fontecova. Posteriormente chega ao concello de Viveiro para desembocar entre a praia da Area, en Covas, e o porto de Celeiro. Na desembocadura, o Landro forma un pequeno humidal. Constitúe os límites entre os concellos de Muras e Ourol.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]