Río Miño
Miño | |
---|---|
País | ![]() ![]() |
Comunidade autónoma e rexión | ![]() ![]() |
Nacemento | Fonte do Forto no Pedregal de Irimia [1] |
Altitude | 700 m |
Lonxitude | 307,5 km [2][3] |
Conca | 17 026 km² [2] |
Caudal medio | 419,9 m³/s [2] |
Caudal relativo | 24,7 L/s/km² [2] |
Desembocadura | Océano Atlántico |
Altitude desembocadura | 0 m |
![]() | |
Conca do río Miño no territorio galego | |
O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km[2][3][4][5]. Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Salvaterra de Miño, Monção, Tui e Valença do Minho.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
Miño ou Minho aparece documentado na antigüidade como Minius ou Mineus, segundo E. Bascuas é unha forma galaica de orixe paleoeuropea (seguramente celta), derivada da raíz indoeuropea *mei- 'camiñar, ir'.[6] Tamén aparece referenciado como Baenis polos antigos historiadores.
Comparten etimoloxía co Miño os polacos Minia, Mnina e Mień, o alemán Main, o irlandés Maoin, o lituano Minija e o toscano Mignone.[7]
Malia parecer a orixe celta a máis acertada, outros autores dan como étimo o latín minium (vermello, cinabrio, minio) pola semellanza co nome Minius que os romanos daban ao río galaico. Con todo, na Gallaecia non se atopaba este mineral.[8]
Curso[editar | editar a fonte]
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Nacemento[editar | editar a fonte]
O Miño nace no pedregal de Irimia, na serra de Meira, no concello lugués de Meira, formando tamén a súa cabeceira regos como o Porto da Pena e o Xirómeno.[1][2][3]
Curso alto[editar | editar a fonte]
Máis adiante acrecenta o seu caudal coas augas da Lagoa de Fonmiñá, na Pastoriza (Lugo), a uns 50 km curso arriba, ao norte da capital de provincia.
Curso medio[editar | editar a fonte]
Atravesa Lugo e Ourense. Neste curso o seu leito está encaixoado en moitos lugares, e preséntanse varios encoros (Belesar - o maior do río-, Peares, Velle, Castrelo e Crecente, por ordede descenso), e recibe ó seu principal afluente, o río Sil, pola esquerda.
Curso baixo[editar | editar a fonte]
A última parte do seu curso ten unha baixa pendente e ladeiras máis amplas, se ben segue a presentar montañas a ambas beiras en case todo o percorrido.
Desembocadura[editar | editar a fonte]

Desemboca na Guarda (Pontevedra) facendo fronteira con Portugal, onde desemboca en Caminha polo beira portuguesa.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Despois de recibir o Sil, flúe cara ao suroeste e, a partir do encoro de Frieira ata a desembocadura, o Miño constitúe fronteira entre Galicia e Portugal. En Ribadavia, ás súas beiras, prodúcese o célebre viño do Ribeiro de Avia. Fai de fronteira uns 80 km, no centro dun val de forte produción agrícola, con millo ou patacas, por exemplo, así como forraxe para o gando. Na tirada final tamén se ve bordeado por viñas de albariño.
Flora e fauna[editar | editar a fonte]
Flora[editar | editar a fonte]
Na bacía alta do Miño existen diversos tipos de ecosistemas acuáticos, característicos da rexión bioclimática atlántica. Afluentes como o Parga, o Ladra e o Támoga integran un característico complexo húmido, formado por unha extensa rede de canles, lagoas e terreos inundados aos que se asocian pasteiros, zonas agrícolas, bosques de ribeira, turbeiras ombotróficas, breixeiras e carballeira. Esta grande diversidade de hábitat acolle numerosas especies de aves durante o período invernal.[10]
No tramo alto atopamos unha vexetación formada por bosques aluviais de ameneiros (Almus glutinosa) e freixos (Fraxinus escelsior), carballeiras (Quercus robur e Quercus pyrenaica) e uceiras húmidas atlánticas (Erica cillaris e Erica tetralix). No relativo á fauna, están presentes numerosos anátidos (Anas platyrhynchos, Anas clypeata), así como un pequeno núcleo de sisón (Tetrax tetrax). Como especies piscícolas atopamos poboacións de ciprínidos como o cacho (Lenciscus carditerti), a reñosa (Rutilus arcani) e a boga (Choridostona polylepis duriensis). Dentro dos gasterosteidos, o espiñeiro europeo (Gasterosteus aculeatus).
O tramo do baixo Miño da lugar a un esteiro estreito e con insuas que é unha importante reserva: a zona especial de conservación Baixo Miño.
Fauna[editar | editar a fonte]
En todo o curso do río atópanse peixes como a troita (Salmo trutta) e a anguía (Anguilla anguilla) e mamíferos como o aguaneiro (Galemys pyrenaicus) e a lontra (Lutra, lutra).
O tramo baixo do Miño alberga durante o inverno gran numero de aves acuáticas, como o parrulo cristado (Aythya fuligula), a píllara dourada (Pluvialis apricaria), a píllara cincenta (Pluvialis squatarola) e a avefría (Vanellus vanellus). Tamén conta cunha importante variedade de peixes, entre os que destaca o salmón (que presenta neste río o linde de distribución máis meridional de toda Europa) e a lamprea (Petromyzon marinus) pescada tradicionalmente nestas augas, en cuxa captura empregábanse diques de feitura peculiar, denominadas pesqueiras. Outras especies piscícolas que se atopan neste tramo son a zamborca (Alosa alosa), a sabela (Alosa fallax), a carpa vermella (Carassius auratus), a perca americana (Micropterus salmoides) e a solla (Platichthys flesus).
Os últimos 40 quilómetros do río Miño están colonizados pola ameixa asiática (Corbicula fluminea). A ameixa adaptouse ás condicións e ocupou o espazo, case eliminando outras especies. A ameixa asiática foi detectada por vez primeira no río Miño en 1989. Antes diso, xa chegara ao río Texo, talvez transportada en navíos de transporte.
Impacto humano[editar | editar a fonte]
Ademais dos encoros, as construcións feitas nas marxes (coma o paseo e parque da Canuda en Salvaterra de Miño), e da polución que sofre o río no último treito, especialmente dende que recibe as augas do río Tea; un dos principais problemas son as especies invasoras.
No esteiro do Miño os problemas de conservación a que se ve sometida esta zona radican na alta presión urbanística, cinexética e pesqueira, ademais da contaminación producida polos residuos urbanos.
Aproveitamento[editar | editar a fonte]
O Miño é o río máis caudaloso de Galicia tras o seu encontro co Sil, que achega máis auga que o tramo alto do Miño: no anuario hidrolóxico da confederación hidrográfica Miño-Sil aparece que o encoro de San Pedro, no río Sil a poucos quilómetros da xuntanza co Miño, rexistra moito máis paso de auga que o de Os Peares, o último do río miño antes do encontro (5492 hm3 fronte a 2762,9 hm3 de media anual).[11]
Ten como principal afluente o Sil, que aporta un caudal semellante na fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense (Os Peares, 30 km ao norte de Ourense). Está inzado de encoros, os tres primeiros entre Lugo e Ourense e os dous últimos entre Galicia e Portugal:
- Belesar: 654 hm³
- Os Peares: 182 hm³
- Velle, 17 hm³
- Castrelo de Miño: 60 hm³
- Frieira: 44 hm³
É navegábel de xeito transversal, e lonxitudinalmente en pequenos tramos e na súa desembocadura. No século XVIII o ilustrado Pedro Antonio Sánchez presentou a Carlos III unha proposta para facer o río navegable ata a cidade de Ourense seguindo a tendencia europea de crear canais de navegación que estaba en auxe naquela época, e así aumentar as exportacións, principalmente de viño de Ribeiro, pero tal proxecto nunca chegou a levarse a cabo.[12]
Insuas[editar | editar a fonte]
Existen 14 insuas ou illas fluviais en todo o trazado do río Miño partillado entre Portugal e Galicia, catro das cales son consideradas como internacionais, non sendo "disputadas" por ningún dos estados español e portugués. Son os casos de Morraceira de Seixas, Morraceira de João de Sá e Varandas, estas máis próximas da freguesía de Lanhelas (Caminha), alén da Morraceira, máis próxima da costa galega.
Atribuídas a Galicia están as insuas Canosa, Morraceira do Grilo, Morraceira das Varandas, Vacariza e Fillaboa. Esta última, con 110 000 metros cadrados, segundo o anuncio público feito polo concello galego de Salvaterra de Miño, que a adquiriu a privados, deberá "abrir ao público" en 2013 como centro de interpretación ambiental.
Consideradas territorio portugués no río Miño son as illas dos Amores, Boega e Lenta, ambas en Vila Nova de Cerveira, e as de São Pedro e Conguedo, en Valença[13].
Cultura[editar | editar a fonte]

O río Miño era o viveiro máis importante na cría de peixes da Península Ibérica até a metade do século XX. Estragado por represamentos e pola polución das augas, ficou convertido nunha sucesión de presas hidroeléctricas. A riqueza natural daba emprego a uns tres mil pescadores [14].
Salmóns, peixe sabre, lampreas, anguías, sollas, bogas, escalos..., a variedade de peixes do Miño era grande. Con diferentes modos de pesca para satisfacer a necesidade de alimento, como pesqueiras, con voitirón e cabaceira, alén de alxerife en arrastre, estacadas, trasmallo, redes dun pano, chumbeira, nasas, palangres e canas. Peixes destinados ao consumo local e á exportación, que chegou ao Brasil a finais do século XIX.
Pesca realizada desde embarcacións, como o carocho e a maseira ou gamela. Tamén navegaron polo río Miño barcazas de carga, vapores entre Valença e Caminha na metade do século XIX, e baixeis, pinazas, navíos e naos na Idade Media, en tempos dos activos portos de Tui e Valença.
Afluentes[editar | editar a fonte]
Afluentes do río Miño por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:
- Río Madanela:[1] desemboca en Miñoto (A Pastoriza) pola marxe dereita.
- Río Pequeno:[1] desemboca no Pumar (Castro de Rei) pola marxe dereita.
- Río Azúmara:[1] desemboca en Coea (Castro de Rei) pola marxe esquerda.
- Río Anllo:[1] desemboca en Triabá (Castro de Rei) pola marxe dereita.
- Río Lea:[1] desemboca en Beloi (Castro de Rei) pola marxe esquerda.
- Río Támoga:[1] desemboca entre Os Porrás (Begonte) e Rego (Cospeito) pola marxe dereita.
- Río Ladra:[1] desemboca fronte a Santa Isabel (Outeiro de Rei) pola marxe dereita.
- Río Robra:[1][15] desemboca en Robra (Outeiro de Rei) pola marxe esquerda.
- Río Narla:[1] desemboca en Ombreiro (Lugo) pola marxe dereita.
- Río Mera:[1] desemboca na Mera (Lugo) pola marxe dereita.
- Río Rato (tamén chamado río da Chanca):[16] desemboca na cidade de Lugo pola marxe esquerda.
- Río Chamoso:[1] desemboca en Chamoso (O Corgo) pola marxe esquerda.
- Río Neira:[1] desemboca entre A Veiga (O Corgo) e Vilasante (O Páramo) pola marxe esquerda.
- Río Ferreira:[1] desemboca en Pacios (Guntín) pola marxe dereita.
- Río Loio:[1] desemboca en Cabo de Vila (Paradela) pola marxe esquerda.
- Río Zamoelle:[2] desemboca en Ferreiroá (Portomarín) pola marxe dereita.
- Río Pez:[1] desemboca entre Teibel e Marzán (O Saviñao) pola marxe esquerda.
- Rego de Moreda:[1] desemboca en San Xián (Taboada) pola marxe dereita.
- Río Sardiñeira:[1] desemboca en Montegrande (O Saviñao) pola marxe esquerda.
- Río de Pesqueiras:[1] desemboca en Pesqueiras (O Saviñao) pola marxe esquerda.
- Río Asma:[1] desemboca no Castro (Chantada) pola marxe dereita.
- Río Búbal:[1] desemboca nos Peares pola marxe dereita.
- Río Sil:[1] desemboca nos Peares pola marxe esquerda.
- Río de Barra:[1] desemboca en Barra de Miño (Coles) pola marxe dereita.
- Río Lonia:[1] desemboca na Lonia de Abaixo (Ourense) pola marxe esquerda.
- Río Barbaña:[1] desemboca na cidade de Ourense pola marxe esquerda.
- Río Barbantiño:[1] desemboca entre Arrabaldo (Ourense) e Izás (Punxín) pola marxe dereita.
- Río Avia:[1] desemboca na vila de Ribadavia pola marxe dereita.
- Río Ceves:[2] desemboca en Prexigueiro (Ribadavia) pola marxe dereita.
- Río Arnoia:[1] desemboca nos Chaos (A Arnoia) pola marxe esquerda.
- Río Deva:[1] desemboca entre Casaldálvaro (Cortegada) e O Valiño (Pontedeva) pola marxe esquerda.
- Río Troncoso ou Barxas:[1] forma parte da Raia, e desemboca fronte á Frieira (Crecente), entre Acivido (Padrenda) e Cevide (Melgaço) pola marxe esquerda.
- Río Ribadil:[1] desemboca na Foz (Crecente) pola marxe dereita.
- Río Deva:[1] desemboca entre O Cruceiro e O Pumar (Arbo) pola marxe dereita.
- Río Cea:[1] desemboca na Ponte Cabaleiros (Arbo) pola marxe dereita.
- Río Mouro:[1] desemboca en Forte (Monção) pola marxe esquerda.
- Río Termes:[1] desemboca entre Sucarreira e A Laxe (As Neves) pola marxe dereita.
- Regueira Xuliana:[1] desemboca en Liñares (As Neves) pola marxe dereita.
- Rego de Lobeira:[1] desemboca nas Regueiras (Salvaterra de Miño) pola marxe dereita.
- Río Tea:[1] desemboca na Quinta de Fillaboa (Salvaterra de Miño) pola marxe dereita.
- Río da Gadanha:[1] desemboca en Troporiz (Monção) pola marxe esquerda.
- Río Caselas:[1] desemboca entre A Agrela (Salvaterra de Miño) e Caldelas de Tui (Tui) pola marxe dereita.
- Río Manco:[1] desemboca en Friestas (Valença) pola marxe esquerda.
- Río Louro:[1] desemboca na cidade de Tui pola marxe dereita.
- Río Furnia:[2] desemboca en Carregal de Abaixo (Tomiño) pola marxe dereita.
- Río Cereixo:[1] desemboca en Forcadela (Tomiño) pola marxe dereita.
- Río do Pego:[1] desemboca en Vilar de Matos (Tomiño) pola marxe dereita.
- Río Tollo:[1] desemboca entre Fontela (Tomiño) e Carril (O Rosal) pola marxe dereita.
- Río Tamuxe:[1] desemboca entre A Ponte da Tamuxe e Pías (O Rosal) pola marxe dereita.
- Río Coura:[1] desemboca na cidade de Caminha pola marxe esquerda.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Miño
Panorámica do Miño desde San Trocado, Punxín.
O río Miño ao seu paso por Portomarín arredor de 1920.
O río Miño ao paso polo caneiro do Piago, en Lugo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 1,47 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°12'46.5"N 7°15'46.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 34. ISBN 978-84-8341-136-0.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Miño 4". Gran Enciclopedia Galega 29. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 187–196. ISBN 84-87804-26-8.
- ↑ Cañada, Silverio, ed. (1974). "Miño". Gran Enciclopedia Galega 21. p. 78.
- ↑ "Enciclopedia Galega Universal". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2008. Consultado o 01 de outubro de 2008.
- ↑ Cf. páx. 534 de "La Hidronimia de Galicia: tres estratos ..". http://www.mondonedoferrol.org/estudios-mindonienses/MINDONIENSES%2024%20[protegido].pdf
- ↑ Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
- ↑ Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
- ↑ Saa González, Ignacio (2014/11/10). Constantino Candeira. Porto de Camposancos (Río Miño).
- ↑ Hidrográfica do Miño-Sil
- ↑ ANUARIO DE AFOROS 2011-12 CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DEL MIÑO - SIL, saih.chminosil.es/files/informes/anuario/ANUARIO%20AFOROS%20CHMS%202011_12.pdf
- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/10/20/mino-autopista-siglo-xviii/0003_201310V20C9991.htm
- ↑ "Ilha espanhola é a primeira das 14 existentes no rio Minho a abrir ao público".
- ↑ Vázquez, José Manuel (2015): O rio Minho galego-português, ISBN 9781326350161
- ↑ Concello de Outeiro de Rei. "Robra (San Pedro Fiz)". Concello de Outeiro de Rei. Consultado o 30 de marzo de 2016.
- ↑ Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, buscar Lugo, Campus Universitario" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 4 de xullo de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Miño ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- López Carreira, Anselmo (2015). O Miño. Un caudal de historia. Xerais. ISBN 978-84-9914-779-6.