Encoro de Belesar
| Tipo | encoro | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | provincia de Lugo, España | |||
| ||||
| Afluentes | ||||
| Efluente do lago | río Miño | |||
| Bacía hidrográfica | río Miño | |||
| Represado por | Presa de Belesar | |||
| Características | ||||
| Altitude | 330 m | |||
| Superficie | 1.909,6 ha | |||
| Medicións | ||||
| Volume físico | 654,5 hm³ | |||
O encoro de Belesar é unha presa artificial creada en 1963 no río Miño (a máis grande deste río), situado entre os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín. A súa capacidade é de 654,5 hm³ e ocupa unha superficie de 2.000 hectáreas e unha cola de 50 quilómetros. Na zona de maior profundidade acada os 135 metros. Ten unha potencia máxima de 227 MW, e produce unha media de 732 GWh ó ano.
A presa, construída entre os concellos de Chantada e O Saviñao, toma o seu nome do núcleo onde primeiro se proxectou, o lugar de Belesar (nas parroquias de Belesar e Diomondi), situado a unha distancia de 4,5 quilómetros río abaixo, no Encoro dos Peares.
Construción
[editar | editar a fonte]Foi creado para abastecer unha central hidroeléctrica, operada na actualidade pola empresa Gas Natural Fenosa. A presa é obra do enxeñeiro Luciano Yordi de Carricarte, e o edificio de control da central eléctrica do arquitecto Juan Castañón de Mena. No encoro traballaron forzados presos políticos, que vivían en condicións moi duras. Polos terreos expropiados para a súa construción pagáronse prezos moi baixos[1] .
A construción do encoro supuxo anegar case 2.000 hectáreas de terreo fértil, ademais da desaparición do Castro Candaz e da vila de Portomarín, que se reedificou preto da súa antiga localización. Outros lugares habitados desapareceron tamén baixo as augas do encoro, como Mourulle, Pincelo, Abeledo ou Portomeñe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bugallal, Isabel (15 de setembro de 2013). "La curva de Chano Yordi". La Opinión da Coruña.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Encoro de Belesar.
- Vista desde San Vitoiro de Ribas de Miño, á altura da desembocadura do río Sardiñeira.
- Vista de Castro Candaz
- Vista do Miño na desembocadura do río Enviande.
- Vista da presa.
- Vista da presa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Eiré, Afonso (2013). Hércules, ed. Belesar. O orgullo de España. A Coruña. ISBN 978-84-92715-71-8.
