N-642

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
N-642
Accesos ao porto de San Cibrao
N-642 e LU-133 (ao fondo).jpg
Cruzamento da LU-133 coa N-642 en Reme
Tipoloxía Estrada convencional
Rede Rede de estradas do Estado
Lonxitude 38,92 km
Localización
Inicio  N-640  Vegadeo
Fin  LU-142  San Cibrao

A estrada nacional N-642 é unha vía de 50 km que vai desde Ribadeo até San Cibrao (Lieiro).

Trazado[editar | editar a fonte]

Nace na aldea de Porto de Abaixo, no límite con Asturias, nun cruzamento coa N-640 preto da Veiga. Sobe en paralelo á Ría de Ribadeo, alcanzando esta localidade a uns 10 km tras un sinuoso pero apreciado percorrido.

Desde esta localidade, coincide coa N-634 (e perde o nome ó seu favor[1]) até un cruzamento á saída da localidade de Barreiros (P. K. 25), onde se separa de novo, tomando a dirección Foz. Nos últimos anos reforzouse e ampliouse o firme e fixéronse ademais as variantes de Foz e Burela, necesarias polo volume de tráfico que soporta a estrada, vía principal de comunicación da Mariña luguesa.

Ao chegar á localidade de San Cibrao (km 55), atópase unha intersección na que a N-642 xira á dereita para chegar á factoría de Alcoa, converténdose na LU-142[1]. A estrada que dá continuidade á N-642 desde a intersección de San Cibrao denomínase LU-862, con competencias asumidas pola Xunta de Galicia.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Visor Sigpac". Consultado o 30/05/2017.