Aeródromo de Rozas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°6′43″N 7°27′39″O / 43.11194, -7.46083

Aeródromo de Rozas

MBB 223 Flamingo Rozas.jpg

IATA: ningúnICAO: LERO
Sumario
Tipo Privado
Propietario Ministerio de Defensa
Operador Real Aeroclub de Lugo
Cidade/Illa Lugo, Galicia
Localización Triabá, Castro de Rei
Elevación (msnm) 443 metros / 1 453 pés
Coordenadas 43°6′43″N 7°27′39″O / 43.11194, -7.46083
Web aerolugo.com
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
04/22 1 200 3 937 asfalto

O Aeródromo de Rozas é un aeródromo situado no lugar de Rozas, na parroquia de Triabá en Castro de Rei, a oito quilómetros[1] do centro da cidade de Lugo. Foi inaugurado o 4 de xuño de 1943, sendo o aeroporto central de Galicia ata a construción do Aeroporto da Lavacolla. Actualmente non ten uso comercial. No aeródromo celébrase anualmente a "A Volta Aérea a Galicia".

Historia[editar | editar a fonte]

Foi construído pola Luftwaffe alemá durante a II Guerra Mundial[2] con motivo de proporcionar un mantemento rápido das antenas do Radiofaro do sistema Consol de Arneiro. O aeródromo estaba constituído por tres hangares de considerables dimensións, que ademais dispoñían de barracóns auxiliares.

Unha vez finalizada a contenda, o Aeródromo de Rozas foi recoñecido como un lugar excepcional para a creación un aeroporto de maiores dimensións, e chegou a ser base aérea durante algún tempo no que había unha guarnición considerable até que, no ano 1953, decídese desmantelalo. O primeiro hangar desmóntase e é trasladado a Palma en 1958, e outro deles á base aérea de Cuatro Vientos (Madrid) en 1959, o mesmo pretendían co terceiro e último pero, ante esta crítica situación constituíuse de maneira urxente e da man do por aquel entón alcalde de Lugo Ramiro Rueda Fernández, o Real Aero Club de Lugo, co fin de evitar a desaparición total das instalacións.

Durante os anos 2008 e 2009 fixéronse importantes investimentos no Aeródromo de Rozas por parte da Cámara de Comercio de Lugo,[3] como o peche perimetral da pista e a reforma da terminal pretendendo converter a Rozas nun aeroporto de carga que tamén dispoña de voos a Madrid e a Barcelona. A pista do aeródromo é de 1200x45m, pista de tamaño semellante ás que dispoñen aeroportos como o de Sligo (Irlanda) ou o de Santos Dumont (Brasil), suficiente para avións de até 50-70 prazas turbohélices.

No ano 1949 o aeródromo de Rozas foi o aeroporto central de Galicia, esta situación mantívose durante dous anos, mentres se levaba a cabo a construción do aeroporto de Santiago de Compostela.

A Compañía Iberia usou esta pista durante dous anos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aeródromo de Rozas

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]