Serra da Cova da Serpe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A serra da Cova da Serpe é unha serra galega situada entre as provincias de Lugo e A Coruña, en Galiza. Acada a súa maior altura no Monte da Cova da Serpe, con 841 m.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dun pequeno cordal montañoso duns 25 quilómetros de lonxitude, que se estende en dirección N-S. Forma parte do conxunto de serras, denominadas polos xeógrafos, en conxunto, a dorsal atlántica ou dorsal galega, que atravesa Galiza desde a Estaca de Bares - serra da Faladoira - ata a serra do Faro de Avión, nas lindes entre Ourense e Pontevedra, seguindo unha liña de dirección meridiana, de arredor de 200 km. A serra da Cova da Serpe separa aproximadamente os concellos de Curtis e Sobrado, na provincia da Coruña, dos de Guitiriz e Friol na de Lugo.

A serra serve para a cría de gando vacún e cabalar libre. Pola zona hai grandes plantacións de piñeiros. No cumio da serra hai varias antenas de telecomunicacións e un parque eólico.

Nome do Parque Eólico Concello Muíños Data Empresa Potencia
kW
P. E. Cova da Serpe Friol, Guitiriz 12 2009 Parque Eólico Cova da Serpe SL 24.000
P. E. Amplición Cova da Serpe Friol, Guitiriz 12 2012 Parque Eólico Cova da Serpe II SL 25.200

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Torres Luna, Mª Pilar de; Pazo Labrador, Alberto J.; Santos Solla, José Manuel, Galicia, rexión de contrastes xeográficos. Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago. 1990 - ISBN 84-7191-592-8
  • Fernández de la Cigoña, Estanislao, As covas de Galicia. Guía práctica para visitar as arcas, grutas, furnas, palas, buratos, cavernas, bolas e covas galegas. Edic. Xerais. Vigo. 1995 - ISBN 84-7507-897-4
  • As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1