Saltar ao contido

Río Neira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Neira
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSerra do Portelo Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaGalicia, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Miño Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°52′34″N 7°32′06″O / 42.87607, -7.53509
Afluentes
Conca hidrográficaconca do Miño Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude840 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións56 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica830 km² Editar o valor en Wikidata

O río Neira nace na Serra do Portelo e ten 56 km de lonxitude. As súas fontes, a 840 m de altitude, están situadas na Fontaneira, concello de Baleira.

Características

[editar | editar a fonte]

A súa cunca abrangue uns 830 km² e está flanqueada por diversas serras que a separan das cuncas veciñas: ó norte, o Monciro e a Serra do Mirador son a divisoria coas augas da Terra Chá, e o bloque do Corgo sepárao do río Chamoso.

Do río Eo sepárana os montes do Cádavo, e do Navia, a Serra do Portelo e a da Pena do Pico ó leste. Polo sur, a Serra do Oribio é a divisoria co río Lor, e a Serra de Edramo, a que a separa do Cabe.

No seu curso alto orixina o val de Neira de Rei (parroquias de San Martín e San Miguel) e, após un encaixamento en que discorre paralelo a autovía A-6, o val de Neira de Xusá (onde se localiza a vila de Baralla). Xa en Láncara, diríxese á Pobra de San Xiao e flúe suavemente deica a desembocadura facendo fronteira entre os concellos do Corgo (marxe dereita, ao norte) e O Páramo (marxe esquerda, ao sur).

Entre Láncara e Carracedo recibe pola esquerda ó río Lamas e máis adiante os seus dous principais afluentes, o Tórdea e o Sarria. Desemboca pola marxe esquerda do Miño, na confluencia dos Concellos de Guntín, O Páramo e O Corgo.

O Neira recibe pola dereita as augas do Trabazas, Val Pedroso, Mazuco, A Pena, Xenil, Guimarei, Basille, A Cabaleira, A Aspara, O Val, O Novo, Obira e o río Tórdea.

É un río con gran riqueza piscícola e ecolóxica. Nas súas vertentes mostra fragas de carballos, castiñeiros e bidueiros, onde atopa refuxio unha numerosa e variada fauna.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]