Río Eo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Eo
PaísEspaña España
Comunidades AutónomasGalicia Galicia
Asturias Asturias [1]
NacementoFonteo (Baleira) [1][2]
Altitude597 m
Lonxitude99 km [1]
Conca828 km² [1]
Caudal medio19,61 m³/s [1]
Caudal relativo23,68 L/s/km²
DesembocaduraRía de Ribadeo / Mar Cantábrico[1]
Altitude desembocadura0 m
Conca do río Eo no territorio galego, marcada en azul escuro
O río Eo na ría de Ribadeo, en primeiro termo a zona ZEPA

O río Eo é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo. A súa cunca ten unha extensión duns 819 km², dos que 3/4 atravesan terreo galego. É apto para a pesca de salmóns.

Historia[editar | editar a fonte]

Ruta do ferrocarril. Cartel da central eléctrica do Louredal
Ruta do ferrocarril. Cartel da central eléctrica do Louredal

Antigamente o curso chamouse río de Abres.[3] O nome actual Eo provén do hidrónimo Euue, que podería vir do paleoeuropeo *oiw-upe[4] Na Idade Media documéntase cos nomes Iuve (775), Euve (875), e finalmente Ove (905-), nome dunha parroquia de Ribadeo, próxima á ría. Na Idade Moderna aparece tamén co nome de río de Miranda. Pola súa ribeira, a comezos do século XX, construíuse dende Vilaoudriz a Ribadeo un ferrocarril mineiro que contribuíu a dinamizar toda a zona. Asemade, coa electrificación comezou a construción de pequenas centrais hidroeléctricas, como a do Louredal, erixida en 1932 para unha futura fábrica de vidro óptico en Santiso de Abres que non chegou a funcionar.

Captación de auga para Ribadeo e Trabada
Captación de auga para Ribadeo e Trabada

O río ten diversas captacións de auga, como a que subministra a Ribadeo e Trabada, que colle auga por riba da desembocadura do río Ouria.

Datos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 CHC. "Ficha do río Eo". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  2. Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°03'44.2"N 7°15'45.5"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019. 
  3. Marqués Valea, Xulia (2018). Toponimia de Trabada. A Coruña: Real Academia Galega. p. 129-130. ISBN 978-84-947823-3-6. 
  4. .Marqués Valea, Xulia (2021). Toponimia da Pontenova. A Coruña: Real Academia Galega. p. 40-41. ISBN 978-84-17807-10-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]