Illas Farallóns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°42′57.47″N 7°26′28.37″O / 43.7159639, -7.4412139 As Illas Farallóns (Illas dos Farallóns) son un pequeno arquipélago do concello de Cervo (Provincia de Lugo), situado na costa cantábrica de Galicia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situado a unha milla en fronte da vila de San Cibrao (concello de Cervo). As tres illas (A Sombriaza, A Baixa e O Pé) que o conforman suman en conxunto 6 hectáreas de terreo. A Sombriza, a maior das illas, ten unha extensión de 3'5 hectáreas. Son moi abruptas e rochosas, e unha delas presenta unha característica forma piramidal, moi elevada.

Historia[editar | editar a fonte]

As illas son un tradicional punto de naufraxio de barcos: o vapor María del Carmen F, afundido en 1931; o cargueiro Castillo Moncada, que quedou sentado na canle que separa as illas en 1945, o pesqueiro Maryfran en 1957 e o cargueiro Carebeka VIII, afundido en 1982.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.