Río Ouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Ouro
Desembocadura do río Ouro 21IX2013.JPG
Esteiro do río Ouro en Fazouro, Foz
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoAlto da Cruz
Serra do Xistral[1]
Lonxitude30 km [2]
Conca188,9 km² [2]
Caudal medio3,4 m³/s [2]
Caudal relativo18,2 L/s/km² [2]
DesembocaduraMar Cantábrico
Altitude desembocadura0 m
Hidrogalicia m marinna central.svg
Cuncas dos ríos que verten entre as rías de Viveiro e Foz (azul)

O río Ouro pertence á vertente cantábrica e recorre os concellos de Valadouro, Alfoz e Foz ata chegar ao esteiro ou ría de Fazouro.[3] Nace na serra do Xistral, na parroquia do Pereiro (Alfoz) a uns 700 ou 800 metros de altitude e desemboca en Fazouro (Foz). Ten un percorrido de 30 quilómetros e forma o límite natural entre os dous concellos que conforman o chamado Val do Ouro: O Valadouro e Alfoz.

Agás as áreas do seu nacemento, as ribeiras do río Ouro e o seu esteiro están protexidas como zona especial de conservación (ZEC) río Ouro.[3]

Intervención humana[editar | editar a fonte]

Aproveitamento[editar | editar a fonte]

Na súa parte alta está a fervenza do Escouridal. Nese tramo predominan os rápidos e augas claras con abundante troita común, de pequeno tamaño. A medida que chega ao val, o río ensánchase e as súas augas discorren máis lentas, dando lugar a meandros, largas táboas e pozas. Na súa parte baixa (parroquias de Santo Acisclo e Fazouro) pódese pescar o reo, especie que todos os anos remonta o río procedente da ría para desovar.

Cultura[editar | editar a fonte]

  • Se as penas de Oirán se volveran pan, a Frouseira manteiga e o río de Ouro viño mouro, non había terra coma o Valadouro [4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Geográfico Nacional de España. "Iberpix. Buscar Campo da Cruz (paraxe), segundo que aparece na lista" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de cartografía raster do IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 15/11/2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 130. ISBN 978-84-8341-136-0. 
  3. 3,0 3,1 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120013 Río Ouro". Consultado o 24/8/2019. 
  4. Oirán é parroquia de Mondoñedo; A Frouseira, unha montaña entre os concellos de Foz e Alfoz; e o río Ouro nace e desemboca no concello de Foz. O Valadouro é concello ó norte da provincia de Lugo.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.