Vilasouto, O Incio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vilasouto
Igrexa de San Mamede de Vilasouto.
ConcelloO Incio[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°40′02″N 7°25′31″O / 42.667335, -7.425384Coordenadas: 42°40′02″N 7°25′31″O / 42.667335, -7.425384
Poboación48 hab. (2017)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

San Mamede de Vilasouto é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 79 habitantes (33 homes e 46 mulleres), un máis ca en 2006.

Historia[editar | editar a fonte]

A parroquia aparece mencionada nun documento do ano 982 do mosteiro de Samos, ao que pertenceu na idade media logo de que lle cedese o lugar Dona Ermesenda. Despois pasou a man da casa de Lemos até a fin do Antigo Réxime.

A igrexa de San Mamede de Vilasouto foi construída no século XII, época da que conserva a portada románica, aínda que a espadana e a nave son barrocas. O templo ardeu en 1936, cando perdeu a cuberta e sufriu danos no retablo. Restaurouse, mais pechouse ao culto en 1970 logo da construción do encoro de Vilasouto no río Mao, cando se edificou outra igrexa nova. En 2008 roubouse a pía bautismal, de granito e labrada no século XVII ou XVIII.

Destacan dúas construcións civís: o Pazo dos Campomanes e a Casa-Pazo de Calvos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes do Incio.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Vilasouto[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Vilasouto no concello lucense do Incio

O Barreal | Belesar | Calvos | A Illeira | Outeiro

Parroquias do Incio[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias do Incio

Bardaos (San Xoán) | Castelo de Somoza (San Tomé) | A Cervela (San Cristovo) | Covela (San Pedro) | Eirexalba (Santo Estevo) | Foilebar (Santa María) | Goó (Santa María) | O Hospital (San Pedro Fiz) | O Incio (Santa Cruz) | Laiosa (San Martiño) | Noceda (San Xoán) | Pacios (Santa María) | Reboiro (Santa María) | Rendar (Santa María) | Rubián de Cima (San Vicenzo) | San Pedro do Incio (San Pedro) | San Román do Mao (San Román) | San Salvador do Mao (San Salvador) | Santa María do Mao (Santa María) | Santa Mariña do Incio (Santa Mariña) | Santalla de Bardaos (San Xulián) | Sirgueiros (San Xoán) | Toldaos (Santiago) | Trascastro (Santalla) | Vila de Mouros (San Miguel) | Vilarxoán (San Lourenzo) | Vilasouto (San Mamede) | O Viso (Santa Cristina)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]