Pablo Pérez Costanti
retrato en Vida Gallega, 1910 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de decembro de 1857 Santiago de Compostela, España |
Morte | 19 de setembro de 1938 (80 anos) Santiago de Compostela, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
Actividade | |
Ocupación | escritor, autor, arquiveiro |
Membro de | |
Pablo Pérez Costanti Ballesteros, nado en Santiago de Compostela o 2 de decembro de 1857 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1938, foi un arquiveiro e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi arquiveiro municipal de Santiago de Compostela dende 1885 e traballou nos arquivos da mitra, catedralicio e no de protocolos. Fundou o periódico El Organillo (1883) e colaborou no Boletín de la Real Academia Gallega, El Eco de Santiago, Galicia Diplomática, La Patria Gallega e Revista Gallega. Participou na Liga Rexional Galega (1898) e foi o seu membro correspondente en Santiago de Compostela. En 1923 dirixiu a investigación documental para a sección de arte barroca do Seminario de Estudos Galegos. Pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e foi académico fundador da Real Academia Galega e correspondente da Real Academia de la Historia e Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
Obras
[editar | editar a fonte]- Biografía del escultor Ferreyro, 1898.
- Historia del periodismo santiagués, 1905.
- Notas viejas galicianas, 1925-1927.
- Dicionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII, 1930.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Retrato en Vida Gallega, 1929
-
Sepulcro no cemiterio de Boisaca.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na RAG
- Artigos de Pérez Costanti na Hemeroteca da RAG Arquivado 13 de xuño de 2018 en Wayback Machine.