Elixio Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elixio Rodríguez
Nacemento 4 de xaneiro de 1910
  Grou, Lobios
Falecemento 9 de xullo de 2007
  México
Nacionalidade España
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

Elixio Rodríguez Domínguez, nado en Grou (Lobios) o 4 de xaneiro de 1910 e falecido o 9 de xullo de 2007 en México, foi un destacado galeguista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De neno mudouse a vivir a Bande, onde o seu mestre, Xosé Taibo, o iniciou no galeguismo cando aínda era un rapazolo; logo estudou cos maristas en Venta de Baños (1920) e en Tui. Malia a expulsión que sufriu nesta cidade, conseguiu ser admitido nos maristas de Ourense. Durante a Segunda República foi o fundador das Mocidades Galeguistas de Bande e obtivo o título de piloto na Escola de Aviación.

Guerra civil[editar | editar a fonte]

Detido pola Garda Civil ó comezo da guerra civil española, pasou dous meses encarcerado no convento de Celanova, conseguiu evitar o paseo enganchando na lexión. Pasou algún tempo en Cáceres en labores administrativos ata entrar na arma de aviación coa esperanza de poder pasar ó bando republicano, e estivo destinado como capitán en León e no pequeno aeródromo de Navia. En febreiro de 1937 incorporouse á Lexión Cóndor, ao mes seguinte conseguiu evadirse nun Breguet XIX a Xibraltar e pasar á zona republicana, alí destinárono á base de San Javier en Murcia pero foi detido e condenado a morte acusado de espionaxe para o inimigo. Grazas á intervención de Castelao e outros deputados galegos residentes en Valencia, conseguiuse a anulación da sentenza e a celebración dun novo xuízo, no cal foi absolvido.

Pasou o resto da guerra en Barcelona ó cargo da intendencia de aviación e como secretario xeral da Solidaridade Galega Antifeixista, ata que coa caída de Cataluña tivo que pasar a Francia, saíndo do país no barco Ipanema cara a Veracruz, onde chegou o 13 de xullo de 1939. Aquí aceptou o ofrecemento das autoridades de mexicanas para adoptar a nacionalidade mexicana e estableceu a súa residencia na Cidade de México como empresario e distribuidor. Porén, non perdeu o espírito galeguista, mantivo a militancia no Partido Galeguista no exilio, foi un dos promotores en 1952 e locutor do programa semanal de radio en galego Hora de Galicia, primeiro emitida na emisora XMEC e logo en Cadena Radio Continental. O 29 de xuño de 1953 participou no establecemento do Padroado da Cultura Galega, polo cal foi delegado no Congreso da Emigración Galega celebrado en 1965 en Santiago de Compostela, sendo o único en ler a súa comunicación en galego. Tamén participou na creación da revista Vieiros dirixida por Luís Soto Fernández, Carlos Velo e Florencio Delgado Gurriarán, e máis tarde tamén por José Caridad Mateos.

Obras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]