Río Leira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Leira
País Galicia
Nacemento Monte Montouto
Vilamartín de Valdeorras
Altitude 1260 m
Lonxitude 12 km
Conca 45 km2
Caudal medio 1,18
Desembocadura Río Sil

O río Leira é un pequeno curso fluvial da comarca de Valdeorras. É afluente do río Sil pola súa beira dereita.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O río Leira nace ao pé do monte Montouto, a uns 1.260 m de altitude en terras que pertencen a Vilamartín de Valdeorras, preto da estrema entre Galicia e Castela e León. Ten unha lonxitude total de 12 km[Cómpre referencia], ao cabo dos que desemboca no río Sil á altura da vila Vilamartín de Valdeorras. O conxunto da súa conca atinxe 45 km².

Todo o seu percorrido descende polo concello de Vilamartín.

Explotación[editar | editar a fonte]

Un tradicional aproveitamento do río foi para unha ferraría ou mazo, que remontaba ao século XVI, e que era propiedade do mosteiro lucense de Samos. Desamortizada no XIX, seguiu en funcionamento en mans privadas até ben entrado o século XX.

Foi dos primeiros leitos da comarca de Valdeorras, que se utilizaron para a produción de enerxía eléctrica.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.