Séchu Sende
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Séchu Sende | |
---|---|
![]() Séchu Sende nunha entrevista no 2013. | |
Nome completo | Xosé Luís González Sende |
Nacemento | 21 de xuño de 1972 |
Padrón | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Xéneros | Poesía, teatro e narrativa |
Coñecido/a por | Made in Galiza |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Luís González Sende, nado en Padrón o 21 de xuño de 1972, é un filólogo, escritor e profesor galego, máis coñecido como Séchu Sende.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Iniciouse como poeta vinculado ao Colectivo Poético Serán Vencello, formando parte da xeración dos 90 e máis tarde revelouse tamén como un dos narradores de principios do século XXI. Foi un dos fundadores do proxecto editorial Letras de Cal, no que publica o seu primeiro libro, Odiseas, en 1998. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, como sociolingüista, foi cofundador da Cooperativa Tagen Ata, Lingua e Comunicación. En 2003 gañou o Premio Blanco Amor coa novela Orixe. O seu libro de conxunto de relatos curtos Made in Galiza (2007) recibiu o Premio Anxel Casal ao Mellor Libro do Ano, concedido pola Asociación de Editores Galegos e foi traducido ao kurdo[1] e ao turco pola editora Avesta, ao éuscaro[2] pola editorial Txalaparta e ao catalán,[3] co título La venedora de paraules, por RBA. Ademais, algúns dos seus textos foron traducidos ao ruso, checo, croata, bretón, sardo, catalán ou asturiano.
No ano 2010 publicou o libro ilustrado Animais, un conxunto de textos e deseños que forman un himno á vida natural e unha denuncia do progreso mal entendido, desde múltiples rexistros, desde a ironía e o humor até o surrealismo. En 2011 publicou O caçador de bruxas, unha historia sobre a liberdade de expresión, o galego exiliado Milo Chaos e o paraugas de Dancing in the rain.
Viagem ao Curdistám para apanhar estrelas, publicado en 2012, é un libro de viaxes ilustrado polo autor onde se narra unha aventura autobiográfica no Curdistán norte, no estado turco, cunha aproximación ás emocións e ás experiencias do pobo kurdo e ao seu conflito sociolingüístico.
En outubro de 2013 publicou online catro libros ilustrados sobre catro temas fundamentais na súa obra: lingua, ecoloxía, igualdade de xénero e historia da Galiza. Os sonhos de Maré, un libro ilustrado a partir do poema "Falarás a nossa língua", un canto vitalista a prol da lingua galega na infancia; Duas noites na casa das bruxas, un skechbook sobre o Courel e os seus valores naturais; Canguru, un libro infantil sobre a igualdade de xénero; e Os tesouros de Baronha, unha especie de libro de viaxe ao castro de Baroña.
Ten traballado en publicidade social e, neste campo, entre as súas creacións está a campaña para a Universidade de Vigo "Busco amante galego-falante", lema que popularizou nun tema rock o grupo musical Sacha na Horta. No ámbito da multimedia, tamén formou parte do "Colectivo Sintrom" de música experimental, cos músicos Serxio Landrove, Helga Blanco e Xalo Gayoso. Un dos seus versos, "Eu nunca serei yo", foi transformado en tema punk polo cantautor O Leo i Arremecághona!. En 2016, o grupo Caxade publicou "E isto é o amor", un CD que leva o título dun poema de Séchu Sende que tamén musicaron. Tamén en 2016, o grupo "Linho do Cuco" inspirouse nun relato seu do libro "A República das Palavras" para titular o seu CD "Viva Viva".
Séchu Sende tamén é o creador do primeiro xogo de rol en galego, publicado polo Concello de Santiago e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, como actividade de dinamización do Correlingua, en 2002.
En 2008 participou, en Barcelona, no final do proceso de paz entre os colectivos Latin Kings e Ñeta, nun obradoiro de narracións persoais cos líderes das organizacións, xunto ao poeta Celso Fernández Sanmartín. O proxecto recolleuse no libro colectivo Unidos por el Flow.
Tamén é domador de pulgas no Circo de Pulgas Carruselo, máis coñecido como Galiza Pulgas Circus.[4]
É profesor de lingua e literatura, en 2017, no IES Marco do Camballón[5] de Vila de Cruces.
Obras[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Odiseas, 1998, Letras de Cal.
- Animais, 2010, Através Editora.
- Os cavalos estám a viver as nossas vidas, 2011, Amastra-N-Gallar.
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Orixe, 2004, Galaxia.
- Made in Galiza, 2007, Galaxia. Traducido ao kurdo como Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim (Nin en soños vou perder a miña lingua), na editorial Avesta. Tamén está traducido ao turco, pola mesma editorial. E ao éuscaro, pola editora Txalaparta. E ao catalán por RBA.
- O caçador de bruxas, 2011, Café-Bar 13, Santiago de Compostela.
- Viagem ao Curdistám para apanhar estrelas, 2012, auto-edición, Santiago de Compostela.
- A República das Palavras, 2015, Através, Santiago de Compostela.
Teatro[editar | editar a fonte]
- Pelos na lingua (2012, xunto con Artur Trillo, María Ordóñez e Avelino González). Representado por Talía Teatro.
Libros ilustrados[editar | editar a fonte]
- Os sonhos de Maré, 2013.
- Canguru, 2013.
- Os tesouros de Baronha, 2013.
- Duas noites na casa das bruxas, 2013.
- A doninha e o taxidermista, 2015, Diário Liberdade, Fundaçom Artábria e Semente.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom, 2011, S. C. D. Condado.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
- Lingua, sexo e rock´n roll, 2012, Editorial Rastalavras, Clube da Lingua dp IES Marco do Camballón e Festival Cruceiro Rock.
- Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
- O Dia da Toalha na Galiza, 2014, Através.
- A Voz dos Mundos, 2016, Através.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Blanco Amor 2003, por Orixe.
- Premio Ánxel Casal 2007 ao mellor libro do ano por Made in Galiza.
- Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim(Nin en soños vou perder a miña lingua) foi elixido como mellor libro publicado en kurdo no 2010.
- Premio María Casares 2012 ao mellor texto por Pelos na Lingua.
- Premio Max 2012 ao mellor texto en lingua galega por Pelos na Lingua.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Made in Galiza". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "La venedora de paraules". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, ed. (2010). "Galiza Pulgas Circus. Circo de Pulgas Carruselo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 1 de febreiro de 2017.
- ↑ Departamento de Lingua galega, ed. (12/11/2016). "IES Marco do Camballón. Lingua galega. Profesorado do curso 2016-17". Consultado o 1 de febreiro de 2017.