Nueva Galicia (1937)
Aparencia
(Redirección desde «Nueva Galicia (Madrid)»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Nueva Galicia.
Nueva Galicia | |
---|---|
País | España |
Lugar | Madrid |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nueva Galicia foi unha publicación periódica editada en Madrid, durante a guerra civil, como Portavoz de los Antifascistas Gallegos.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu o 17 de maio de 1937, fundada por Santiago Álvarez e Rubén Gotay Montalvo, trasladouse a Barcelona e desapareceu en setembro de 1938. Pretendía aglutinar aos galegos antifascistas residentes na capital do estado. O seu director foi José Gómez Gayoso[1] e, máis tarde, Manuel Moure Gómez, e contou coa colaboración de Ramón Cabanillas, Eduardo Blanco Amor, Arturo Cuadrado, Ramón de Valenzuela ou Florencio Delgado entre outros. Castelao publicou en Nueva Galicia a segunda serie Verbas de chumbo[2], que no futuro constituiría a meirande parte do libro primeiro do Sempre en Galiza.