Carlos Tomé Alonso
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Carlos Tomé Alonso | |
---|---|
Nacemento | 26 de maio de 1908 |
Lugar de nacemento | Vilalba |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos Tomé Alonso, nado en Vilalba o 26 de maio de 1908, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Florencio Delgado, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Andrés Valín, Carlos Tomé, Johán López Durá, Serafín Ferro e Elixio Rodríguez a bordo do Ipanema.
Emigrado a Cataluña, na Barcelona da guerra civil puxo en contacto a Suárez Picallo e Castelao con distintas organizacións nacionalistas catalás. Coa derrota da República, pasou a Francia e posteriormente exiliouse en México. Viaxou no Ipanema dende Francia. Chegou a Veracruz o 7 de xullo de 1939. En México formou parte dos impulsores da revista Saudade e posteriormente participou na creación de Vieiros. Implicouse na emisión radial “Hora de Galicia” animada polo Padroado da cultura galega de México.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Amadora Tomé Menéndez, coa que se exiliou en México.