Opinión Gallega
Opinión Gallega | |
---|---|
![]() | |
Tipo | xornal ![]() |
Linguas
| |
Publicación | |
Lugar publicación | Buenos Aires ![]() |
País orixe | Arxentina ![]() |
Datas | |
Data de creación | 1945 ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Redes | ![]() ![]() |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] |
Opinión Gallega foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1945 e 1965.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu o 22 de decembro de 1945. Promovida polo Centro Ourensán e o Centro Pontevedrés de Buenos Aires, foi continuadora de El Orensano, órgano oficial do Centro Ourensán e Pontevedrés. Tiña como obxectivo contribuír á "elevación moral, intelectual y económica de la colectividad y la coordinación del esfuerzo común en pro de Galicia". Publicación bilingüe de periodicidade irregular, estaba dirixida por Rodolfo Prada, Valeriano Saco e Avelino Díaz, sendo o subdirector Cándido Alfonso González. Contou coa participación de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Jesús Bal y Gay, Ramón Otero Pedrayo, Aquilino Iglesia Alvariño, Borobó, Antón Santamarina, Ben-Cho-Shey, Francisco Fernández del Riego, Florentino López Cuevillas, Benito Varela Jácome, Xosé Neira Vilas. Incluíu recensións e listaxes coas novidades literarias en Galicia e prestou unha especial atención ao Consello de Galiza, ao Estatuto e a Galeuzca.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Opinión Gallega". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Opinión Gallega". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. pp. 167–168. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 360. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Opinión Gallega no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.