Andrés Valín Salvador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrés Valín Salvador
Nacemento13 de marzo de 1899
Lugar de nacementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Andrés Valín Salvador, nado en Lugo o 13 de marzo de 1899,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrado a Cataluña, na República foi elixido vogal da directiva do Centro Cultural Gallego de Barcelona en 1932;[2] foi membro do Grupo Galeguista de Barcelona e en xuño de 1936 foi tesoureiro do Comité Gallego Pro Autonomía.[3] Ao rematar a guerra abandonou Barcelona e refuxiouse en México. Viaxou no Ipanema dende Francia. Chegou a Veracruz o 13 de xullo de 1939. En México foi o administrador da revista Saudade e dirixente da Irmandade Galeguista na capital federal. Participou nas ctividades políticas dos galeguistas exiliados en México e formou parte do Consello Executivo do Padroado da cultura galega de México, do que foi tesoureiro en 1953.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Idea moderna, 14-3-1899, p. 3.
  2. La Vanguardia, 23-8-1932, p. 6.
  3. La Vanguardia, 5-6-1936, p. 10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]