Anxo Rei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnxo Rei

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1957 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Rubiá, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor Editar o valor em Wikidata
Anxo Rei durante unha actuación.

Ángel Rey Núñez, máis coñecido como Anxo Rei, nado en Rubiá o 16 de febreiro de 1957, é un cantautor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Leva máis de corenta anos cantando e compoñendo cancións, con letras propias e con poemas de Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Antón Tovar, Darío Xohán Cabana, Xosé Rodríguez Ferrer ou Florencio Delgado Gurriarán. Con versos deste último gravou en 2003 Fronteira de cegoñas, o seu primeiro disco

A súa discografía complétase con A rabela da pluma (2006) con poemas de Antón Tovar; Ao son da auga (2009); O año pitaño (2012), para público infantil; Rosa (2016), dedicado á súa compañéira e producido polo músico valdeorrés Jorge Fenández Ojea, que tamén lle fixo os arranxos. Finalmente participou no disco colectivo Poesía Galega en Música (2015). No ano 2012 presentou no Barco, na XII edición da Festa do Botelo, unha canción dedicada ao botelo, embutido moi aprezado na comarca valdeorresa.

Anxo Rei traballou como celador no Servizo Galego de Saúde ata a súa xubilación. Ten participado en numerosos festivais e ofrecido recitais en localidades de toda Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]