Guadalaxara, México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 20°40′N 103°21′O / 20.667, -103.350

Guadalaxara, México
Guadalajara
Municipal flag of Guadalajara.PNG
Coat of Arms of Guadalajara (Mexico).svg
Guadalajara montagee.jpg
Diferentes vistas de edificios e lugares emblemáticos de Guadalaxara.
Localización
Guadalaxara en México
Guadalaxara
Guadalaxara
País Flag of Mexico.svg México
Estado Xalisco
Rexión Centro
Concello Guadalakara
Xeografía
Altitude 1 566 msnm
Superficie 151 km²
Demografía
Poboación 1.460.148 hab. (2015)
Densidade 9644,31 hab/km²
Xentilicio Tapatío, guadalajarense
Outros datos
Alcalde Enrique Alfaro Ramírez
Páxina oficial de Guadalajara

Guadalaxara[1], ou Guadalajara[2], é unha importante cidade de México, a segunda do país, capital do estado de Xalisco, no centro-leste do altiplano (a 1.589 m de altitude), e a uns 500 km ao leste do Distrito Federal. Ten unha poboación de seu de 1.460.148 persoas (2015).

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación colonial española entre 1529 e 1542 (houbo varios traslados por ataques indíxenas) por Cristóbal de Oñate, capitán de Nuño de Guzmán quen era orixinario de Guadalaxara en España. A súa planta reflicte a orixe colonial, en cuadrícula cunha praza maior onde se sitúan os edificios representativos do poder civil e relixioso.

Foi nomeada capital do Reino de Nova Galicia no lugar da primitiva capital do reino que fora Compostela de Indias dentro do Vicerreinado de Nova España.

No século XX converteuse nun importante centro industrial, comercial e cultural, sendo a súa feira do libro a máis importante en lingua castelá.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sanmartín Rei, Goretti, ed. (2012). Criterios para o uso da lingua (PDF). Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. ISBN 84-9749-199-8. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura (2004). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.