Xalisco
Estado Libre e Soberano de Jalisco | |||
---|---|---|---|
| |||
Lema: n/d | |||
Himno: Himno de Xalisco | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Guadalaxara | ||
• Poboación | 1.469.140 (2010)[1] | ||
Cidade máis poboada | Guadalaxara | ||
Lingua oficial | Ningunha1 | ||
Forma de goberno | Estado federado | ||
Enrique Alfaro Ramírez MC | |||
Creación como estado | 16 de xuño de 1823[2] | ||
Superficie | Posto 7º | ||
• Total | 78.588 km² | ||
• Total | 7.844.830 (2015) hab. | ||
• Densidade | n/d | ||
Fuso horario | UTC-6 | ||
Código ISO | MX-JAL | ||
1O castelán e 62 linguas indíxenas teñen a mesma validez en todo o territorio mexicano. | |||
Xalisco[3][4] (en castelán: Jalisco) é un dos 31 estados de México. Limita ó norte cos estados de Nayarit, Zacatecas e Aguascalientes, ó leste con Aguascalientes, Zacatecas, San Luis Potosí, Guanajuato e Michoacán, ó sur con Michoacán, Colima e o Océano Pacífico e Nayarit.[5] A súa área é de 78.588 km²,[6] e a súa poboación era de 7.844.830 habitantes en 2050.[1] A capital do estado é a cidade de Guadalaxara, que tamén é a súa cidade máis habitada. En certas partes da capital o nivel de vida é comparábel ao de países como España e Italia, pero tamén ten desigualdades sociais e pobreza nos barrios periféricos. A súa zona metropolitana está formada polos municipios de Zapopan, Juanacatlan, El Salto, Tlaquepaque, Tonalá, Tlajomulco de Zúñiga e Ixtlahuacán del Río.
Xalisco é a cuarta entidade federativa máis poboada de México, e o cuarto estado máis desenvolvido en canto a actividades económicas, industriais, comerciais e culturais por debaixo de México Distrito Federal, Nuevo León e Baixa California.
Étimo[editar | editar a fonte]
O topónimo Xalisco identifícase co nome náhuatl de Xālīxco (cfr. náhuatl actual Xālli (area), īxtli (cara), e o sufixo de lugar -co). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "sobre a superficie da area".[7]
Historia[editar | editar a fonte]
Os primeiros achados arqueolóxicos en Xalisco teñen unha datación de máis de 20.000 anos, eran pobos que se dedicaban á caza e á recolleita de plantas e froitas silvestres. Arredor do 5.000 a.C. comezan a cultivar as primeiras plantas silvestres.
Cando pobos do norte, seguramente por motivos climáticos, migraron ao centro de México e deron lugar a sociedades militaristas ao ter que dominar aos pobos asentados con anterioridade nos territorios nos que se estableceron.
No occidente de México déronse tres vagas migratorias diferentes, a tolteca nos séculos X e XII, a chichimeca, no XII e a mexica no XV. Os nómades nun proceso longo convertéronse en bandas seminómades e posteriormente en comunidades sedentarias como os caxcanes, tecos e tepehuanos (fillos dunha familia chamada uto-aztecana).
Durante a época colonial formou parte da rexión administrativa e política da Nova Galicia. Ao conquistar México a súa independencia de España, cambiouse o seu nome polo de Estado libre y soberano de Jalisco. En 1867 o Presidente Benito Juárez separou o territorio de Nayar. Anos despois este territorio constituíuse como o estado de Nayarit.
Demografía[editar | editar a fonte]
A poboación no Estado de Xalisco era de 6.753.113 habitantes en 2005, dos cales na zona Metropolitana de Guadalaxara vivían 4.000.000 segundo o INEGI do ano 2000.
A taxa de crecemento poboacional xeral para Xalisco foi de 1.8% no período 2000-2005, e estimouse que a poboación economicamente activa era de 1.756.501 persoas en 2002.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Información por entidad (en castelán)
- ↑ La Diputación Provincial y El Federalismo Mexicano
- ↑ Forma empregada na Enciclopedia Galega Universal.
- ↑ Ver entrada de «tequila». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2024. ISBN 9788482893600.
- ↑ Enciclopedia de los municipios y delegaciones de México. Estado de Jalisco. Arquivado 25 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ "Resumen". Cuentame INEGI. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2013. Consultado o 12 de febreiro de 2013.
- ↑ Información por entidad. Superficie (en castelán)
- ↑ Consejo Nacional de Población (CONAPO) 2002.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |