Xosé Quiroga Suárez
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2019.) |
Xosé Quiroga Suárez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de xullo de 1920 |
Lugar de nacemento | Petín |
Falecemento | 18 de outubro de 2006 |
Lugar de falecemento | A Rúa |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | médico e político |
Profesión | Político e médico |
Cargos | Presidente da Xunta de Galicia (1979- 1981) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Quiroga Suárez, nado en Petín o 4 de xullo de 1920 e finado na Rúa o 18 de outubro de 2006, foi un médico e político valdeorrés e o segundo presidente da preautonomía Xunta de Galicia antes da aprobación do estatuto de autonomía de 1981, o segundo estatuto de autonomía da historia de Galiza.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mutilado na Guerra Civil foi membro do somatén valdeorrés [1].
Política[editar | editar a fonte]
Xosé Quiroga foi alcalde de Petín durante o franquismo, entre 1953 e 1956.
Nos primeiros días da recuperación da democracia en Galiza, e dende o ámbito do cooperativismo agrario, fundou o partido Acción Política Orensana, a canda Vitorino Núñez. Foi membro de UCD desde a creación do partido por Adolfo Suárez, e resultou elixido senador nas constituíntes de 1977. Neses comicios foi o político máis votado de toda Galiza.
O primeiro goberno da Xunta[editar | editar a fonte]
En 1979 foi nomeado presidente da Xunta pola UCD, cargo no que tomou posesión o 9 de xuño de 1979.
O seu goberno formárono Ramón Félix Blanco Gómez, Daniel Casalderrey Castro (agricultura, gandería e montes), Luís Cordeiro Rodríguez, Alejandrino Fernández Barreiro (educación e cultura), Baldomero Fernández Calviño (pesca), Segundo Fernández Covelo, Alfonso Javier García Ascaso (industria, comercio e turismo), José Gómez García, José Luis Nogueira Rodríguez, Vitorino Núñez, José María Pardo Montero (ordenación do territorio, urbanismo e transportes), José Regal Vázquez, Julio Riera Nieves, Miguel Sanmartín Losada (administración local), Jaime Tejada Lorenzo, Indalecio Tizón Covelo, José Antonio Trillo Torres e Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.
Tralas eleccións ao Parlamento de Galicia de 1981, nas que gañou Alianza Popular, deixou o seu cargo o 21 de xaneiro de 1982, pasando a ocupar o posto Xerardo Fernández Albor.
Conselleiro e senador[editar | editar a fonte]
Durante todos eses anos compaxinou o seu cargo de presidente da Xunta co de senador, onde foi elixido en representación da UCD por tres veces (1977-1986).
Posteriormente, abandonou a UCD trala descomposición da formación centrista e sumouse a Coalición Galega, o Partido Reformista de Miquel Roca, Alianza Popular e posteriormente o Partido Popular[2]. Coa dereita foi senador en tres lexislaturas máis, foi tamén deputado autonómico e conselleiro de Sanidade e tamén de Traballo nos gobernos de Fernández Albor.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Xosé Quiroga estudou o bacharelato en Monforte de Lemos e despois Medicina na Universidade de Santiago, onde se licenciou en 1944. Nos anos setenta (1971-1975) foi presidente da cooperativa vinícola Nuestra Señora de las Viñas.
Xa retirado da vida política, Xosé Quiroga volveu á súa terra natal e mantivo aberto o consultorio médico na Rúa ata a súa xubilación, logo de medio século de exercicio da profesión. Do seu matrimonio con Julia Gayoso tivo nove fillos.
Foi condecorado coa medalla de Cabaleiro da Orde da Constitución e coa Cruz de Venezuela de Fernández Miranda. Era tamén fillo predilecto de Petín.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ García Yáñez, Félix (2005). O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1977). Ed. A Nosa Terra. ISBN 84-96403-13-0.
- ↑ Fallece el ex presidente de la Xunta José Quiroga Suárez, El Correo Gallego, 19 de outubro de 2006 (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Predecesor: - |
![]() Alcalde de Petín 1953 – 1956 |
Sucesor: -
|
Predecesor: Antonio Rosón Pérez |
![]() Presidente da Xunta de Galicia 1979 - 1981 |
Sucesor: Xerardo Fernández Albor
|