Zapato
Un zapato ( pronunciación (axuda · info)) é un calzado para humanos, que cobre o pé menos que unha bota e máis que unha sandalia e serve para a estabilidade e resistencia sobre o terreo. Este calzado é moldeado para calzar no pé cunha parte superior flexible de coiro ou plástico e unha sola dun material máis pesado. Os zapatos diferéncianse das botas por non superar a altura do nocello.
Tipos de zapatos[editar | editar a fonte]
Actualmente os calzados están preparados para cada acondicionamento físico do terreo. A sandalia é unha especie de zapato que serve para conseguir máis aire fresco sobre o pé. A zapatilla permite máis capacidade para o movemento e a bota permite o paso sobre líquidos de xeito impermeable.
O material dos zapatos radican mediante o xénero, pero tamén se viron complicados métodos como o zapato de madeira e de metal.
Os tipos de zapato de distinto xénero, non só está ampliado á necesidade, senón tamén ao deseño popular e artístico. No caso dun Zapato Punk, adquire o deseño de rebeldía, o cal é útil para personificar a imaxe.
Ultimamente xurdiron os chamados Zapatos de Altura para homes, mesmo que teñen un relanzamento interno que non se nota a primeira ollada e que permite crecer 7 cm de estatura. Este sistema permite superar certa desigualdade que existía coas mulleres á hora de querer ser máis alto.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
|
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zapato ![]() |