Bebedeira
Bebedeira | |
---|---|
Título orixinal | Bebedeira |
Autor/a | Florencio Delgado |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galega |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | Editorial Nós |
Data de pub. | 1934 |
Seguido por | Galicia infinda |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bebedeira é un libro de poesía de Florencio Delgado Gurriarán publicado pola Editorial Nós en 1934.[1]
Características
[editar | editar a fonte]É un poemario vinculado ao hilozoísmo de Luís Amado Carballo. Por este libro pertence o autor á Xeración de 1922 ou 1925.[2] Ricardo Carballo Calero descríbeo como «unha turbulenta visión da dionisíaca terra de Valdeorras. É unha descrición poética de forte alento xeórxico, dun ruralismo moi animista e sanguíneo».[3]
Segundo Ricardo Gurriarán:
Flora, cromática da paisaxe valdeorresa, castiñeiros, vento, noite, amoríos, cepeiras, lúa, paxaros, moceo, viño, cores estacionais... en conversa permanente, ligados cun ritmo e unha rima especial, cheos dunha paixón embriagadora, coma o seu título, de musicalidade achandadora, fondamente sensual, difícil de catalogar dentro dos tradicionais codificadores ismos da vangarda poética.[4]
Tivo unha notable acollida da crítica. Carballo Calero, Otero Pedrayo, Xohán L. Ramos e Antón Vilar Ponte deixaron positivas palabras do poemario.
Segundo a Editorial Galaxia:
trinta e dous poemas, dos que algúns deles xa viran a luz en revistas e xornais, onde as árbores, as plantas e a paisaxe adquiren características de personaxe central en poesías de corte sensorial evocadoras da cosmogonía valdeorresa, que teñen a viña e o viño como centro, achegando imaxes e metáforas que converten o poemario no máis importante do hilozoísmo galego, polo que recibiu notables gabanzas da crítica do momento.[5]
Edicións
[editar | editar a fonte]Bebedeira foi editado por Nós en 1934, con portada de José de Castro Arines, discípulo de Castelao e galeguista.
Foi reeditado en Xerais en 2022 da man de Xosé Ramón Pena[6] e en Galaxia no mesmo ano en edición de Dulce Fernández Graña.[7]
Poemas
[editar | editar a fonte]- Sen título (Bebedeira na ed. de 1934 e Teu cabelo é viño branco en 1981)
Teu cabelo é viño branco,
os teus beizos viño tinto,
os teus ollo augardente...
quixera beberte a bicos!
...[8]
- Hino ao viño
- Cantiga de vindima
...
Ai! nena,
a túa boca é toda mosto
agre-doce de garnacha;
o teu ollar, viño novo,
Bébeda ten miña ialma
...[9]
- Cousas. Dez cousas de Valdeorras (no vran)
- Cousas das serras
- Cousas do outono
- Arelas
- Quince anos
- Enterro
- No vencello dos meus brazos
- Festas. Folión de vran
- Ruada
...
A rosiña está a chorar;
o piñeiro está a carpir;
a rosiña e mais o vento
van lonxe, no seu fuxir
...[12]
- Muiñada
- Aí vén o Maio
- San Xosé
- Miudezas. Matanza
- A cadea
- Dores do agro
- Amores
- A lúa, branca pastora
- Operación
- Liorta
- Romanzos. Romanzo do cabaleiro ourizo
O ourizo, siñor feudal
do pazo dos castiñeiros,
inda que llo dea a cara
non é de forca e coitelo.
...[14]
- Romanzo da terra doente
- Vente, ventiño do norte
- Amencer de San Xoán
- Camiño da serra
- Romanzo da dona outonía
- A traxedia dos castiñeiros. O castiñeiro morto
- Tristura do souto mudo
- Paisaxes. Paisaxes de inverno
- Inverno no monte
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Iglesias, Xabier (22/8/2015). "Bebedeira". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
- ↑ Pérez Pena, Marcos (3/7/2021). "Florencio Delgado chegaba cargado de literatura galega feita en México, publicacións moi importantes para os resistentes". Praza.gal. Consultado o 6/7/2021.
- ↑ Carballo Calero 1975, p. 727.
- ↑ Gurriarán, Ricardo. "Biografía de Florencio Delgado Gurriarán". Real Academia Galega. Consultado o 2022-02-26.
- ↑ "Bebedeira". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-02-21.
- ↑ Pena, Xosé Ramón, ed. (2022). Florencio Delgado Gurriarán. Obra poética. Xerais. ISBN 978-84-1110-060-1.
- ↑ Fernández Graña, Dulce, ed. (2022). Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira. Galaxia. ISBN 978-84-9151-784-9.
- ↑ Pena 2022, p. 103.
- ↑ Pena 2022, p. 111.
- ↑ Pena 2022, p. 113.
- ↑ Pena 2022, p. 120.
- ↑ Pena 2022, p. 128.
- ↑ Pena 2022, p. 138.
- ↑ Pena 2022, p. 145.
- ↑ Pena 2022, p. 155.