O soño do guieiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O soño do guieiro
Título orixinalO soño do guieiro
Autor/aFlorencio Delgado
OrixeGalicia
LinguaGalega
ColecciónOpúsculos de poesía
Xénero(s)Poesía
EditorialEdiciós do Castro
Data de pub.1986
Precedido porCantarenas. Poemas (1934-1980)
editar datos en Wikidata ]

O soño do guieiro, subtitulado Poemas, poemiñas e poemoides, é un libro de poemas de Florencio Delgado Gurriarán publicado na Colección Opúsculos de poesía de Ediciós do Castro en 1986.

Características[editar | editar a fonte]

Publicado na Colección Opúsculos de poesía de Ediciós do Castro en 1986, está dedicado a Castelao. Volve recoller poemas doutros momentos vitais, expresión xa da súa musa cívica, xa da elexíaca. O volume inclúe ademais algúns dos seus poemas sociolingüísticos, unha das facetas máis notables da súa poética. Recompilación da poesía de loita, de combate, desde a guerra civil, a posguerra e o exilio. Inclúe moitas composicións que xa apareceran no Cancioneiro da loita galega.[1]

Nos dous últimos libros hai mostras elocuentes do seu talento satírico, cando retrata o ditador Francisco Franco ou describe o desleixo lingüístico de certos falantes.[2]

É unha obra que se inspira nos valores da súa terra de Valdeorras, nas paisaxes, nos costumes, nos tipos humanos, mais que non renuncia a outros rexistros, en parte, froito das circunstancias vividas: poesía política, denuncia e crítica social…[3]

Para a Editorial Galaxia:

Florencio Delgado Gurrriaran recolle en O soño do guieiro, como homenaxe ao seu amigo e compañeiro político, Castelao, poemas de corte social e reivindicativo publicados durante a República, a guerra e o exilio, dos que indica que son “a miña resposta a certos aconteceres deste século noso que xa anda nas encollas; son a expresión do meu reaxir de home galeguista, demócrata e liberal, amigo da España e da Galiza renascentes —amizades perfectamente compatibeis— e adversario decidido das ditaduras dereitistas ou esquerdistas”..[4]

Edicións[editar | editar a fonte]

Foi reeditado en Xerais en 2022 da man de Xosé Ramón Pena[5] e en Galaxia no mesmo ano en edición de Dulce Fernández Graña.[6]

Poemas[editar | editar a fonte]

  • O soño do guieiro
...
Emporiso, Daniel, Guieiro noso
a Galiza é máis forte que o malfado
e ha de ser, o teu soño, realidade.
Eis o Voto, que cómpre che fagamos
pra que, no Alén froreza
o teu sorrir de BON E XENEROSO[7]

Da fala e do castrapo

  • Carta de Juan de la Era al doutor
  • Cantarelas do castrapo (panxoliñas leigas)
...
O esquecernos o galego
para falar en castraño,
é coma o choio da toupa
que os ollos deu por un rabo
...[8]

Da guerra

  • Fóra popes das sombras
  • Guerrilleiro
  • Alexandre Bóveda
...
Varudo paladín na noite urxente
-viñera o tempo da maturidade-,
man na fouce, segache a nosa herdade,
á chamada dos bardos, obedente.
...[9]
  • Morte de Alexandre Bóveda
  • Un guerrilleiro
  • Segundo García Núñez
  • A un vello falanxista
...
Falanxista, falanxista,
virado de aguia en cordeiro:
non leves feixe de frechas,
non leves xugo no peito.
...[10]
  • Os lobos da xente
  • Levan a Cristo por fóra...
  • Ía á misa das doce...
  • "Home pequeno - fol de veneno"
...
Alacrán con mando,
sapo con estrelas,
arañón con cruces,
cobra pezoñenta.
...[11]
  • As cabalgaduras do Farrucón Farruquiño. Muiñeira

Do exilio

  • Galiza ergueita
  • Inda non
  • "Dou ao demo o millor" (dixo o que araba cos lobos)
  • Ranae ad solem(*)
  • "Per me regis regnam"
  • Subdesenrolo
...
Velliños encrequenados
toman, quedos, a raxeira,
a profundar no baleiro,
no ren, na vida famenta.
...[12]
  • A nova arte poética
  • Nenia a "Tata Lázaro"

Pregos, poemiñas, descordos e poemoides

  • De camiñas monocromas...
  • Pregos a Santa Liliana
  • Poemiñas da terra asolagada
...
Espellos de auga nos vales,
ondas de frouma nos tesos.
Na Galiza de arastora
xa non caben os galegos!
...[13]
  • Poemiñas inxenuos
  • Desacordo do sin e do Non
  • Desacordo do gregario
  • Coda
  • Eu son insuficiente
  • Para se levar ben todas as xentes do mundo
  • Ditos do pobo galego
  • Celso Emilio Ferreiro
Por ti chora a Galiza malfadada
e por ti chora o pobo laceirado...
Por ti, Poeta, "Bon e Xeneroso".[14]
  • O galego...
  • Eu!
  • Non!
  • Sin!
  • Coda. Asasinos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pena 2022, p. 43.
  2. "As Letras Galegas 2022 homenaxearán a Florencio Delgado Gurriarán". Real Academia Galega. 2/7/2021. 
  3. Freixanes, Víctor. "Galicia infinda". Real Academia Galega. Consultado o 2022-02-26. 
  4. "Galicia infinda". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-02-22. 
  5. Pena 2022.
  6. Fernández Graña 2022.
  7. Pena 2022, p. 301.
  8. Pena 2022, p. 309.
  9. Pena 2022, p. 320.
  10. Pena 2022, p. 328.
  11. Pena 2022, p. 336.
  12. Pena 2022, p. 359.
  13. Pena 2022, p. 371.
  14. Pena 2022, p. 390.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]