Solidaridade Galega Antifeixista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Solidaridade Galega Antifeixista foi unha organización política creada en polos exiliados galegos en Valencia en 1937.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Impulsada por Castelao e Ramón Suárez Picallo para organizar as forzas republicanas nunha entidade que exercese a representación política de Galicia, creóuse en 1937 no café Vodka de Valencia. O seu primeiro presidente foi Pedro Longueira Patiño e Luís Soto era o Secretario xeral, despois substituído por Elixio Rodríguez. Servía para conectar aos galegos en territorio leal coa emigración en América. Severino Iglesias Siso foi secretario administrativo, Xoán Xosé Plá secretario de asistencia e Ramón de Valenzuela secretario de Información e Prensa. A sede pasou despois a Barcelona, aos locais onde se localizaba a Oficina Galega de Información e Publicacións, que editaba a revista Nova Galiza. Entre os seu membros figuraron Marcial Fernández Vázquez, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Xosé Otero Espasandín, Arturo Cuadrado, Rafael Dieste, Amparo Alvajar, Ramón Rey Baltar, Florencio Delgado Gurriarán, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Ramón Cabanillas (fillo), Xoán López Durá, Serafín Ferro, Andrés Valín, Horacio Casas, Carlos Tomé e Portela Valladares.