Atanasio López Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 4 de febreiro de 2018 ás 10:57 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{{Biografía |nome = Atanasio López Fernández |imaxe = Atanasio López Fernández.jpg |imaxe_tamaño = |descrición = |data_d...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Infotaula de personaAtanasio López Fernández
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1876
Boñar, León
Mortemarzo de 1944 (67 anos)
Santiago de Compostela
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Actividade
Ocupaciónrelixioso
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde Franciscana Editar o valor em Wikidata

Atanasio López Fernández, O.F.M., nado en Boñar, Provincia de León, o 12 de outubro de 1876,[1] e finado en Santiago de Compostela en marzo de 1944, foi un relixioso franciscano, historiador e membro da Real Academia Galega.

Traxectoria

Tomou o hábito franciscano en Compostela en 1891, e ordenouse sacerdote en 1899. Dirixiu a revista El Eco Franciscano nos anos 1904 a 1905, ano no que foi destinado a Florencia.

En 1915 foi nomeado correspondente da Real Academia de la Historia.

A proposta de Narciso Correal, Manuel Banet Fontenla e Ramón de Artaza Malvárez, ingresou na RAG o 27 de xullo de 1941, canda outros académicos que o fixeron o mesmo día, dezanove en total.[2]

Obra

  • La provincia de España de los frailes menores, 1915.
  • Estudios crítico-históricos de Galicia: conferencias leídas en el Círculo de la Juventud Antoniana de Santiago, 1916.
  • "La literatura crítico-histórica y el trovador Juan Rodríguez de la Cámara o del Padrón", 1918, conferencia.
  • Los falsos cronicones en la historia de Galicia, 1923.
  • Descripción de los manuscritos franciscanos existentes en la biblioteca provincial de Toledo, 1926.
  • Confesores de la familia real de Aragón, 1929.
  • La imprenta en Galicia. Siglos XV-XVIII, premiado en 1943 pola Biblioteca Nacional, editado en 1953.
  • Nuevos estudios crítico-históricos acerca de Galicia, 1947, con introdución e notas de Lino Gómez Canedo.

Notas

  1. A GEG indica que naceu en novembro e a RAG que foi o 12 de outubro.
  2. Membros de número. RAG

Véxase tamén

Bibliografía