Mónaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Principado de Mónaco")
Principauté de Monaco (francés)
Principatu de Múnegu (monegasco)
Principato di Monaco (italiano)
Principat de Mónegue (occitano)
Principado de Mónaco
Bandeira de Mónaco Escudo de Mónaco
Bandeira Escudo
Lema: Deo Juvante
(Latín: Coa axuda de Deus)
Himno nacional: Hymne Monégasque
 
Location Monaco Europe.png
 
Capital
 • Poboación
Mónaco1
32.965 (2009)
Linguas oficiais
Francés2
Forma de goberno Monarquía constitucional
Alberte II
Jean-Paul Proust
Independencia
 • Data
• Constitución

8 de xaneiro de 1297
17 de dec. de 1962
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 232º
1,95 km²
0
4,4 km
4,1 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 205º
32.965 (2009 est.)
16.818 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 181º
US$ 976 millóns
US$ 70.670
IDH (1997) 0,946 (16º) – Alto
Moeda Euro3 (€, EUR)
Xentilicio Monegasco, monegasca
Fuso horario
 • en verán
CET (UTC+1)
CEST (UTC+2)
Dominio de Internet .mc
Prefixo telefónico +377
Prefixo radiofónico 3AA-3AZ
Código ISO 492 / MCO / MC
Membro de: OIF, ONU, OSCE, COE

1 É unha cidade-estado. Ao contrario da crenza común Monaco-Ville é só un distrito histórico, e non unha cidade nin a capital.
2 O monegasco non é oficial. Con todo, é ensinado nas escolas e pódese atopar sinalización bilingüe xunto co francés na parte vella.
3 Antes de 1999 o franco francés.

Tódolos países do mundo

Mónaco (en francés: Monaco, en monegasco: Múnegu, en italiano: Monaco, en occitano: Mónegue), oficialmente Principado de Mónaco (en francés: Principauté de Monaco, en monegasco: Principatu de Múnegu, en italiano: Principato di Monaco, en occitano: Principat de Mónegue) é unha cidade-estado situada ao sur de Francia na costa mediterránea, en Europa. Cunha superficie de 1,9 km² é o segundo país máis pequeno do mundo, despois da Cidade do Vaticano. Debido a ese pequeno tamaño posúe soamente pouco máis de catro quilómetros de fronteira, todas con Francia, aínda que se atopa bastante preto de Italia a 11 km. Cos seus máis de 30.000 cidadáns é o estado soberano con maior densidade de poboación do mundo, chegando practicamente aos 17.000 habitantes por km².

Mónaco é unha monarquía constitucional e un Principado gobernado pola Casa de Grimaldi dende o ano 1297, sendo hoxe o Xefe de Estado o Príncipe Alberte II. Con todo, a pesar de ser un estado independente, a defensa do Principado é responsabilidade do Estado francés. Mónaco é o nome do país, así como o nome da súa única cidade e capital. A miúdo é considerado como un paraíso fiscal, sendo a maioría dos seus habitantes xente rica de países estranxeiros, os cales supoñen en torno ao 84% da poboación.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A orixe do nome de Mónaco non está clara habendo diferentes teorías. Unha delas di que o nome quere dicir "só por si mesmo", debido unha a un suposto antigo templo que estaría na zona chamado "Herakles Monoikos" (do grego antigo: Heracles só), en referencia ao heroe grego Heracles (coñecido na mitoloxía romana como Hércules), ao que se lle rendía culto en dito santuario. Debido a esta última teoría o principal porto monegasco chámase hoxe en día "Porto de Hércules". Outra teoría di que o nome procede dunha antiga tribo ligur que habitou a zona no século VI a.C. chamada "Monoikos".[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Prehistoria[editar | editar a fonte]

O territorio actual de Mónaco serviu de abrigo aos primeiros habitantes da rexión a partir de finais do Paleolítico inferior, aproximadamente fai 300.000 anos, sendo nunha caverna do Xardín exótico de Mónaco restos óseos de animais, o cales serviron de alimento a estes homes prehistóricos.[2] A presenza humana esta tamén testemuñada no Paleolítico medio e no superior. A partir do ano 1500 a.C. comezan a acharse dentro das covas trazos de obras de arte (gravados e esculturas), volvéndose cada vez máis numerosas as sepulturas funerarias, individuais ou colectivas, entre as que destaca a sepultura do home chamado "de Grimaldi" (non confundir coa familia real), que contén a unha muller e a un adolescente.

Antigüidade[editar | editar a fonte]

Dominada por diversos pobos da antigüidade, foi colonia dos fenicios, dos cales posuía o templo do deus Melkart. Con todo, segundo Diodoro Sículo e o xeógrafo Estrabón, os primeiros habitantes sedentarios da zona foron os lígures, que emigraron dende a cidade de Xénova en Italia. Con todo, cómpre sinalar a antiga lingua lígur, sen conexión coas linguas indoeuropeas, non ten que ver coa lingua lígur falada hoxe en día no Principado, tamén coñecida como monegasco. Segundo parece a colonia de Mónaco debeuse quizais á apertura cara o mar dun pobo lígur situado no interior.

Logo, no século VI a.C., os gregos de Marsella (entón Massalia), fundarían a colonia de Monoikos (probable asimilación do fenicio "Melkart") no estreito onde actualmente de atopa Mónaco. Monoikos estaba asociada a Heracles (heroe coñecido polos romanos como Hércules), adorado baixo o nome de Herakles Monoikos. Segundo os propios Diodoro Sículo e Estrabón, os gregos e os lígures crían por igual que Hércules pasara pola rexión. Despois da Guerra das Galias, Xulio César instalouse nesta terra, xa abandonada polos gregos, o que significou o paso deste territorio ao control da República Romana como parte da provincia romana da Gallia Narbonensis co nome de Portus Herculis Monæci. Na Eneida é mencionada polo poeta Virxilio.

Idade Media[editar | editar a fonte]

Estatua que conmemora a Francisco Grimaldi vestido de monxe penetrando na fortaleza do Xibelinos.

Mónaco permaneceu baixo dominio romano até a caída do Imperio Romano de Occidente o 4 de setembro de 476. O estreito foi eventualmente ocupado por sarracenos e diversas tribos xermánicas. Os sarracenos foron expulsados en 975 e no século XI o estreito foi novamente poboado polos lígures, os cales levaron a Mónaco a lingua lígur actual, da que é un dialecto o monegasco actual. En 1191, o emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, Henrique VI, concedeu a soberanía sobre Mónaco á cidade de Xénova, de onde eran orixinarios os lígures. O 10 de xuño de 1215, unha comitiva de Xibelinos (os Hohenstaufen, facción que apoiaba ao Sacro Imperio), comandados por Fulco del Cassello, comezou a construción dunha fortaleza sobre Mónaco, que constituía un punto estratéxico para controlar a rexión fronte os seus adversarios, os Güelfos (inimigos do Xibelinos, da casa de Welf), os cales tamén estabeleceron os seus cuarteis a fin de apoiar ás guarnicións.

O 8 de xaneiro de 1297, o Güelfo Francisco Grimaldi, descendente de Otto Canella, cónsul de Xénova en 1133, tomou a fortaleza pola forza. Grimaldi, que non posuía mais que un pequeno exército, disfrazouse de monxe franciscano para penetrar na fortaleza e, unha vez dentro, abriulles aos seus soldados. Con todo, os Güelfos foron finalmente derrotados e Francisco desterrado en 1301. Así, a familia Grimaldi apoiouse entón no Rei de Francia. O curmán de Francisco, Rainiero de Grimaldi, ao servizo de Filipe de Castela, comandou unha frota de galeras vencendo aos neerlandeses na Batalla de Zieriksee en 1304. Foi nomeado entón almirante de Francia e, pai de Carlos de Grimaldi, fundou a dinastía que leva o seu nome, que serviría fielmente á monarquía francesa durante os séculos vindeiros.

Retomando a loita contra Xénova, Carlos de Grimaldi ocupou a cidade o 12 de setembro de 1331, é autoproclamouse Señor de Mónaco en 1342. Mentres que adquiría o señorío de Menton en 1346, Carlos seguía a servir á Coroa Francesa, comandando unha compañía de alabardeiros na batalla de Crécy, en tanto que socorría por mar ao campamento francés tralo sitio de Calais. Logo, en 1355, obtivo o señorío de Roquebrune-Cap-Martin. Con todo, en 1357, faleceu durante o sitio comandando polo xenovés Simone Boccanegra. A totalidade do principado foi entón asimilado por Xénova, fóra de Mentón, defendido por Rainiero II, fillo de Carlos, que rapidamente reconquistou Roquebrune.

Os fillos de Rainiero II, Ambrosio, Antón e Xoán retomaron Le Rocher e convertéronse todos en co-señores (institución pouco frecuente na Idade Media). Xoán conservou pola súa banda só Mónaco e a Condamina, permanecendo en loita continúa contra os xenoveses. O seu fillo, Catalán, só o sucedeu por tres anos, e a súa neta Claudina Grimaldi foi desposada en 1465 por un Grimaldi d'Antibes, Lambert Grimaldi d'Antibes, o cal obtivo en 1489 o recoñecemento da súa independencia polo Rei de Francia e o duque de Savoia. Xénova tentou un último sitio en 1509 sen éxito, renunciando definitivamente a Mónaco .

Idade Moderna[editar | editar a fonte]

Montecarlo en 1889.

O 11 de outubro de 1505, antes do último intento de invasión xenovesa, accedeu ao trono Luciano I de Grimaldi, que morrería asasinado en 1523 polo seu curmán Bartolomeu Doria. Luciano non deixou mais que un fillo de pouca idade, Honorato, cuxa tutela foille confiada ao seu tío Agustiño, bispo de Grasse, que foi recoñecido señor. Agustiño non obtivo de parte de Francisco I de Francia o apoio que posuían os Grimaldi, e colocou a Mónaco baixo protectorado castelán en 1524 durante máis dun século. O neto de Honorato, Honorato II, posto baixo a tutela do príncipe de Valdetare, tomou o título de Príncipe en 1602, título que non foi recoñecido até 1633 por Filipe IV. Ademais retornou á alianza con Francia e expulsou manui militari á gornición castelá, obtendo o ducado de Valentinois. Luís I de Mónaco comandou o seu rexemento de cabalaría e obtivo unha embaixada por parte do Vaticano en 1701.

Coa Revolución francesa, trala noite do 4 de agosto de 1789, cando se aboliron os privilexios feudais pola Asemblea Nacional Constituínte, os príncipes de Mónaco perderon tódalas súas posesións francesas e os ingresos derivados delas. De 1793 a 1814 Mónaco estivo integrado en Francia baixo o nome de Fort d'Hercule, formando parte da rexión dos Alpes Marítimos e asociado a San Remo. O tratado de París de 30 de maio de 1814 volveu colocar ao Principado na órbita anterior a 1789, mais cando Honorato IV arribou a Mónaco en marzo de 1815 para tomar posesión dela, foi detido por Pierre Cambronne. Era o comezo dos Cen Días.

Mónaco colocouse entón baixou protectorado do Reino de Sardeña no segundo tratado de París, asinado o 20 de novembro de 1815 e confirmado polo tratado de Sutpinigi en 1817. Até 1847, o principado de Mónaco ocupaba unha superficie total de 24 km² (dez veces máis co actual Principado) e comprendía tres comunas: Mónaco (1.250 habitantes), Roquebrune (hoxe Roquebrune-Cap-Marin) (850 habitantes) e Menton (4.900 habitantes). A parte máis vasta e rica do principado era a chaira mentonesa, cos seus cultivos de cítricos e oliveiras. Con todo, durante o movemento revolucionario de 1848, Menton e Roquebrune proclamaron a súa revogación da familia Grimaldi e proclamáronse "cidades ceibes" baixo a protección do Reino de Sardeña. En 1869, o Piemonte cedeu Niza a Francia logo do apoio de Napoleón III ao comezo da unificación italiana. Niza, Menton e Roquebrune votaron entón a súa anexión a Francia, que foi ratificada polo tratado franco-monegasco de 1861. Así Mónaco abandonou finalmente o protectorado que tivo dende 1815 e a súa independencia foi formalmente recoñecida, separándose de toda protección de Francia ou Italia.

Idade Contemporánea[editar | editar a fonte]

Casino de Montecarlo.

Este último tratado prevía a axuda de Francia dun paso do ferrocarril francés sobre o territorio monegasco (con dúas estacións). Foi entón que o príncipe Carlos III tivo a idea de crear os xogos do Casino de Montecarlo (o xogo de azar era ilegal nos países veciños), o que permitiu ao principado enriquecerse e desenvolverse rapidamente. En 1863 acordou o privilexio de explotar o casino, os hoteis e o teatro a François Blanc, fundador da Sociedade de Baños e Mar do Círculo de Estranxeiros a fin de achegar ingresos á Corte. En 1866, Carlos III, quen impulsara estes traballos, trocou o nome do barrio dos Spélugues, pasando a ser Montecarlo na súa propia honra. Finalmente, a inauguración do ferrocarril Niza-Vincitimille en 1868 afianzou a prosperidade. Tamén se fundou unha Oficina de Correos, que comezou a editar os seus propios selos postais en 1865 e se obtivo da Santa Sé a creación dun bispado. Ademais o propio Carlos III, en 1869, eliminou os impostos de bens persoais e mobiliarios, feito que conduciu a unha intensa actividade de construción. Construíronse durante esta época unha ópera, numerosos museos e a Fundación do Instituto Oceanográfico.

Mónaco até esa época era unha monarquía absoluta, e príncipe de Mónaco dispoñía de plenos poderes, mais coa reforma da Constitución en 1911, o país pasou a ser unha monarquía constitucional. En xullo de 1918, foi asinado un acordo de protección limitada do Principado por Francia. O tratado formou parte do Tratado de Versalles e estableceu que a política de Mónaco non podería oporse aos intereses políticos, militares nin económicos de Francia. En 1922, o principado perdeu tamén o seu monopolio dos xogos da Costa Azul.

En xuño de 1940, durante a Segunda Guerra Mundial, prodúcese a chegada das tropas italianas, o que inquietou ao Príncipe Luís II, que cría que se produciría unha anexión e a súa posterior destitución, polo que se achegou ao Goberno de Vichy do Mariscal Pétain, ao que pediu, con éxito, axuda. Máis tarde, en setembro de 1943, Hitler ordenou a invasión de Mónaco polo exército alemán, que non opuxo moita resistencia, con todo Mónaco foi finalmente liberado por tropas de Estados Unidos ao final da guerra.

Despois da guerra, en 1949, Rainiero III ascende ao trono e dez anos despois suspende a constitución tras varios desacordos co Consello Nacional. En 1962, promulgase unha nova Constitución e ao ano seguinte, asínase un novo tratado con Francia, do cal se crearon novos acordos de veciñanza e moeda, que se renovaron en 2002 coa posta en circulación do euro en Mónaco, aínda que este estado non é membro da Unión Europea (UE). Mónaco converteuse en membro oficial das Nacións Unidas con plenos dereitos de voto en 1993.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vista de Mónaco.

O Principado de Mónaco é o segundo Estado independente máis pequeno do mundo despois do Vaticano. Está situado sobre a costa mediterránea a 18 km de Niza e a 12 km da fronteira franco-italiana. Estando, excepto pola súa fachada marítima, rodeado polo territorio francés, máis precisamente no Arrondissement de Nice e por tanto no departamento francés dos Alpes Marítimos e a rexión francesa de Provenza-Alpes-Costa Azul. O principado de Mónaco forma parte da Costa Azul, rexión turística que non ten limites oficiais.

O seu territorio está practicamente urbanizado na súa totalidade, pero comprende de numerosos espazos verdes, sendo o seu punto máis alto atópase a 163 metros por riba do nivel do mar, na vertente sur do Mont Agel, ao final do Chemin des Révoires. O cumio desta montaña, 1.109 m altitude, está en Francia. Non ten recursos naturais.

Clima[editar | editar a fonte]

Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xun Xul Ago Set Out Nov Dec
Temp. máx. / °C 12,25 12,52 13,97 16,13 19,36 22,98 25,78 25,93 23,81 19,90 16,09 13,41
Temp. mín. / °C 8,08 8,16 9,60 11,62 14,83 18,49 21,18 21,51 19,28 15,57 11,91 9,25
Número de días de choiva 5,9 5,2 6,7 6,0 5,6 2,8 1,3 2,5 4,5 7,5 7,7 6,8
Fonte: Climat de Monaco, www.visitmonaco.com, Moyenne des années 1911 à 1985

Política[editar | editar a fonte]

Palacio do Príncipe de Mónaco sobre "Le Rocher".

Mónaco é gobernado por unha monarquía constitucional dende 1911, co Príncipe como Xefe de Estado. A rama executiva consiste nun Ministro de Estado (Xefe de Goberno), quen preside un gabinete (Consello de Goberno) de seis membros. O Ministro do Estado é un cidadán francés designado polo príncipe, que o elixe entre candidatos propostos polo goberno de Francia, que se encarga dos asuntos de defensa e seguridade do principado. Mónaco é, xunto con Liechtenstein e a Cidade do Vaticano, un dos tres únicos estados en Europa onde o monarca segue tendo un papel activo na política e o goberno.

Baixo a Constitución de 1962, o Príncipe comparte o seu poder cun Parlamento unicameral, o Consello Nacional. Os 24 membros do corpo lexislativo son elixidos por medio de votación directa e democrática, e teñen un período de cinco anos. Eles, cumpren a función de facer as leis e regulamentar os decretos reais. Os principais asuntos locais son dirixidos polo Concilio Comunal, o cal se compón de quince membros elixidos e presididos por un alcalde. O Concilio Comunal fai as veces de concello e cumpre a función de facer as xestións locais para o seu desenvolvemento.

Monarquía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Dinastía Grimaldi.

A dinastía Grimaldi é unha casa nobre orixinaria de Italia, fundada por Francisco Grimaldi que tomou en 1099 o señorío de Mónaco xunto aos seus soldados vestidos de franciscanos. Naquel principado reinaron os seus sucesores até a actualidade se exceptuamos varias descontinuidades. A última produciuse co matrimonio da princesa Carlota de Mónaco, nai de Rainiero III, con Pierre de Polignac.

Os seus integrantes máis destacados na actualidade son Alberte II, Príncipe Soberano de Mónaco, fillo e sucesor do príncipe Rainiero III e de Gracia Patricia de Mónaco, Carolina de Mónaco, irmá maior de Alberto e Estefanía, Estefanía de Mónaco, irmá menor de Alberte e Carolina e Andrea, Carlota e Pierre Casiraghi, fillos de Carolina de Mónaco e de Stéfano Casiraghi, que no caso de que Alberte de Mónaco morra sen descendencia lexítima, pasarían a ocupar os primeiros postos da liña sucesoria.

Subdivisións administrativas[editar | editar a fonte]

Barrios de Mónaco.
Mónaco e La Condamine.

Mónaco é o segundo país máis pequeno do mundo, só por detrás da Cidade do Vaticano, consistindo o estado consiste nun só concello (commune). Non hai distinción xeográfica entre o Estado e a Cidade de Mónaco, non obstante as responsabilidades do Goberno (nivel estatal) e as do Concello (nivel municipal) son diferentes. De acordo á constitución de 1911, o principado se subdividiría en tres municipalidades:

  • Mónaco (Monaco-Ville). A cidade vella de Mónaco. Está situada nun promontorio rochoso que se estende polo Mediterráneo. Tamén coñecido como a Rocha de Mónaco, ou simplemente A Rocha (Le Rocher). Aquí é onde se localiza o palacio.
  • Monte Carlo. Principal área residencial e hostaleira, onde se atopa situado o Casino Monte Carlo. Esta na zona leste e nordés.
  • La Condamine. Area portuaria situada na parte a sección noroeste.

Estas tres municipalidades foron fusionadas en 1954, despois de varias acusacións que dicían que o Goberno estaba a actuar de acordo coa lema «Divide e vencerás». Máis tarde volvéronse a separar máis tarde, aínda que esta vez coa categoría de barrios, sendo creados ademais outros catro barrios.

  • Fontvieille. Creado como o 4° barrio, foi construído en terras gañadas ao mar na década de 1970.
  • Moneghetti. Converteuse no quinto distrito de Mónaco a partir dunha parte de La Condamine.
  • Larvotto. Segregado de Monte Carlo, foi o sexto distrito do país.
  • Saint Roman. Converteuse no sétimo distrito de Mónaco, creado tamén a partir de Monte Carlo.

Subsecuentemente, creáronse os tres últimos barrios:

  • Saint Michel. Segregado de Monte Carlo.
  • La Colle. Segregado de La Condamine.
  • Les Révoires. Novo distrito monegasco segregado da Condamine. Neste distrito localízase o Xardín Exótico.

Un barrio adicional foi planeado en novas terras obtidas ao mar, que serían rematadas para o 2014. O príncipe Alberte II anunciou no seu discurso de Ano Novo en 2009 que estes plans quedaron en suspenso debido á situación económica actual. Actualmente, o principado está dividido en 10 barrios cos seus respectivos números oficiais. A Le Portier, nome do futuro barrio proposto, foille anticipado o número 11.

Barrios[editar | editar a fonte]

Barrio Área (m²) Poboación (censo 2000) Densidade (/km²) Îlots Datos de interese
Antigo concello de Mónaco
05 Monaco-Ville 184.750 1.034 5.597 19 Cidade Vella co Palacio
Antigo concello de Monte Carlo
01 Monte Carlo/Spélugues (Bd. Des Moulins-Av. de la Madone) 281.461 3.034 10.779 20 Área do casino e dos hoteis
02 La Rousse/Saint Roman (Annonciade-Château Périgord) 105.215 3.223 30.633 15 Na parte norte atópase Le Ténao
03 Larvotto/Bas Moulins (Larvotto-Bd Psse Grace) 328.479 5.443 16.570 15 Área da praia do leste
10 Saint Michel (Psse Charlotte-Park Palace) 142.223 3.807 26.768 24 Área central residencial
Antigo concello de La Condamine
04 La Condamine 237.283 3.847 16.213 27 El área portuaria, en el noroeste
07 La Colle (Plati-Pasteur-Bd Charles III) 188.073 2.822 15.005 15 Limita no extremo oeste con Cap d'Ail
08 Les Révoires (Hector Otto-Honoré Labande) 75.747 2.515 33.203 11 Contén o Xardín Exótico
09 Moneghetti/Bd. de Belgique (Bd Rainier III-Bd de Belgique) 107.056 3.003 28.051 18  
Novas terras gañadas ao mar
06 Fontvieille 324.157 3.292 10.156 9 Comezado en 1971
11 Le Portier 275.0001 27,50 - - Plans suspendidos polo Príncipe Alberte II en 2009
  Mónaco 1.974.444 32.020 16.217 173  
1Área non incluída no total, xa que polo de agora é tan só unha proposta.

Economía[editar | editar a fonte]

Real Casino de Monte Carlo.

Unha das principais fontes de ingresos de Mónaco son os turistas, polo xeral atraidos polo clima e o casino (no cal aos propios monegascos non se lles permite). En 2001, un novo e importante proxecto de construción ampliou o peirao utilizado por cruceiros no porto principal. O Principado tratou de dar un pulo aos servizos e pequenas industrias, e non así a aquelas industrias contaminantes, tales como as de cosméticos e biotérmicas. O estado mantén os monopolios en numerosos sectores, como o tabaco e o servizo postal. A rede telefónica (Monaco Telecom) era propiedade do estado, mais agora este posúe o 45% das súas accións, mentres que o 55% restante perténcelle a Cable and Wireless (49%) e á Compagnie Monégasque de Banque (6%). Con todo, hoxe en día, a telefonía segue sendo un monopolio. Os niveis de vida son altos, comparables aos das áreas metropolitanas prósperas francesas.

Mónaco non é membro da Unión Europea, mais está estreitamente vinculado a ela a través dunha unión aduaneira con Francia. A moeda de uso corrente é o euro con deseños monegascos na súa cara nacional. No ano 2000, un informe dos parlamentarios franceses Arnaud Montebourg e Vincent Peillon, dicía que Mónaco alegara a laxitude das políticas de branqueo de diñeiro, mesmo dentro do seu famoso casino, e que o Goberno de Mónaco exercía presión política sobre o poder xudicial a fin de que os presuntos crimes non foran axeitadamente investigados.

A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), publicou no ano 1998 un primeiro informe sobre as consecuencias fiscais dos sistemas financeiros dalgúns países, nos que Mónaco aparecía na lista de países con pouca claridade fiscal. Despois, no ano 2004, a OCDE denunciou no seu último informe a falta de cooperación deste Principado para revelar a información financeira dos seus cidadáns, así tamén como no caso de Andorra, Liechtenstein, Liberia e as Illas Marshall.

Fiscalidade[editar | editar a fonte]

Dende o ano 2003, o Fondo Monetario Internacional (FMI), determinou que Mónaco, xunto con outros 36 territorios, é un paraíso fiscal. O Principado non aplica gravames sobre a renda aos seus habitantes, o que atraeu a un número considerable de ricos "refuxiados fiscais", residentes de países europeos que obteñen a maioría dos seus ingresos da actividade fóra de Mónaco.

Demografía[editar | editar a fonte]

Mónaco.
Artigo principal: Demografía de Mónaco.

A poboación de Mónaco é inusitada xa que os monegascos son unha minoría no seu propio país. A maior parte dos residentes son cidadáns franceses, seguidos polos italianos (16%) e os monegascos (16%). O restante 21% pertence a outras 125 nacionalidades (entre as que as maioritarias son os británicos, os suízos e alemáns), que fan que a poboación de Mónaco sexa internacional. A relixión oficial do estado estado é o catolicismo.

O país conta con dez barrios, aínda que os tradicionais do país son tres, Monaco-Ville, centro político, turístico e empresarial, La Condamine, distrito económico e industrial de Mónaco e Monte Carlo, onde se atopa o Real Casino. Dos novos barrios o máis poboado é Larvotto, onde se atopa a praia homónima e principal do país, aínda que o máis densamente poboado é Saint Roman. É ademais o país máis edificado de Europa e un dos primeiros do mundo.

Cultura[editar | editar a fonte]

Catedral de San Nicolao.
Curva do Gran Hotel do Circuíto de Mónaco.

En Mónaco prevalecen os estilos arquitectónicos que se deron en Francia. Entre as súas construcións mais significativas atópase a Catedral de Mónaco, adicada a San Nicolao, do ano 1875, construída con pedras brancas da Turbie sobre o emprazamento dunha antiga igrexa do século XII. O edificio presenta un estilo románico bizantino, mentres que o seu interior alberga interesantes pezas. Outra das construcións emblemáticas, ademais do Palacio dos Príncipes, é o edificio que alberga o Museo Oceanográfico e o Acuario. A súa fachada, de cara ao mar, é considerada como unha obra mestra de arquitectura monumental.

Deporte[editar | editar a fonte]

No principado de Mónaco dispútase un dos grandes premios máis antigos da Fórmula 1, o Gran Premio de Mónaco, organizado por primeira vez en 1929. A primeira carreira foi gañada por William Grover-Williams (alcumado "Williams") manexando un Bugatti pintado de verde, cor que se convertería co tempo en insignia dos corredores británicos. O Gran Premio de Mónaco dispútase nas rúas de Monte Carlo, coincidindo coa festa do Día da Ascensión. Ten gran cantidade de subidas e baixadas, esquinas pechadas e estreitas vías, polo que probablemente é un dos circuítos máis esgotadores para pilotos e vehículos, sendo un dos máis seguidos polos espectadores na televisión. O Gran Premio de Mónaco formou parte do primeiro campionato de Fórmula 1 en 1950, e a partir de 1955 disputouse todos os anos.

Tamén en Monte Carlo dispútase desde 1969 o Masters de Monte Carlo de Tenis, torneo da "Serie Masters" do tour masculino da ATP. Disputado sobre terra batida, o torneo levase a cabo cada ano no mes de abril ou maio. Antes da creación da Tennis Masters Series a inicios dos 90, o evento levaba o nome de Aberte de Monte Carlo. O torneo de disputouse por primeira vez en 1897, aínda que a era aberta deste evento tivo inicio en 1969.

O principal equipo de fútbol do país é AS Monaco FC, que xoga na Ligue 1 francesa e disputa os seus encontros locais no Stade Louis II. O Club chegou a ser finalista da Liga de Campións da UEFA no ano 2004, na cal perdeu fronte ao FC Porto cun marcador de 0 a 3.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mónaco